Rafael Núñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rafael Wenceslao Núñez Moledo 28 de setembro de 1825 Cartaxena de Indias, Colombia |
Morte | 18 de setembro de 1894 (68 anos) Cartaxena de Indias, Colombia |
Causa da morte | ictus |
Presidente de Colombia | |
1 de abril de 1886 – 18 de setembro de 1894 ← sen valor – Miguel Antonio Caro (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Cartagena (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista, xuíz, avogado, escritor, diplomático |
Partido político | Partido Conservador Colombiano (pt) |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Nacional de Colombia |
Conflito | War of the Supremes (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Soledad Román de Núñez |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Library of the World's Best Literature |
Rafael Wenceslao Núñez Moledo, nado en Cartaxena de Indias o 28 de setembro de 1825, e finado ibídem o 18 de setembro de 1894, foi un político e escritor colombiano que ocupou en varias ocasións o cargo de presidente de Colombia. Liderou a Rexeneración, coa cal rematou o réxime federal dos Estados Unidos de Colombia, promulgou a Constitución de Colombia de 1886 e foi o autor da letra do himno nacional de Colombia, adoptado oficialmente en 1920.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rafael Núñez naceu en Cartaxena de Indias o 28 de setembro de 1825, foi o primeiro dos tres fillos de Dolores Moledo García e do coronel Francisco Núñez García, quen eran curmáns irmáns e contraeran matrimonio o 6 de outubro de 1824.[1][2] Ós 15 anos, foi aceptado polo xeneral Francisco Carmona nas tropas rebeldes para loitar na guerra dos Supremos.[3] Con 18 anos, viaxou co seu pai a Tumaco, onde permaneceu durante algúns meses traballando.[4] Estudou na Universidade de Cartaxena, na que se graduara como bacharel licenciado en 1843.[5] Acabado de graduar, iniciouse no xornalismo e fundou o xornal La Democracia na súa cidade natal.
Contraeu matrimonio 2 veces. Primeiro casou en Panamá con Dolores Gallego o 25 de febreiro de 1851, con quen tivo dous fillos e separáronse o 10 de marzo de 1871; a súa segunda cónxuxe foi a cartaxenera Soledad Román con quen contraeu matrimonio civil o 14 de xullo de 1877 en París e que ratificou mediante o matrimonio católico o 23 de febreiro de 1889.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rafael Núñez Moledo". Presidencia de la República. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 14 de xaneiro de 2011.
- ↑ Restrepo Lince, Pastor. Genealogías de Cartagena de Indias. Instituto Colombiano de Cultura Hispánica. Editorial ABC. ISBN 958-900-426-1.
- ↑ "Biografía Rafael Núñez". Biografías y vidas. Consultado o 18 de xullo de 2011.
- ↑ Castillo Mathieu, Nicolás del. Biografía de Rafael Nuñez. Bogotá: Editorial Iqueima.
- ↑ "Presencia y espíritu de Rafael Núñez". Universidad de Cartagena. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Soledad Román de Núñez". Biblioteca Virtual del Banco de la República. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 18 de maio de 2012.
- ↑ "Rafael Wenceslao Núñez Moledo" (PDF). Universidad Autónoma del Caribe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2011.