Saltar ao contido

Ranieri Mazzilli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRanieri Mazzilli

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Pascoal Ranieri Mazzilli Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1910 Editar o valor en Wikidata
Caconde, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 1975 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Caconde (Ditadura militar no Brasil) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecomplicacións dunha cirurxía Editar o valor en Wikidata
26º Presidente do Brasil
2 de abril de 1964 – 15 de abril de 1964
← João GoulartHumberto de Alencar Castelo Branco →
24º Presidente do Brasil
25 de agosto de 1961 – 7 de setembro de 1961
← Jânio QuadrosJoão Goulart →
Deputado federal por São Paulo (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Federal Fluminense (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Brasilia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Social Democrático (1945) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Ranieri_Mazzilli-1

Pascoal Ranieri Mazzilli, nado en Caconde o 27 de abril de 1910 e finado en São Paulo o 21 de abril de 1975, foi un avogado e político brasileiro, presidente provisional do seu país en dúas ocasións: entre 25 de agosto e 7 de setembro de 1961, e entre 2 de abril e 25 de abril de 1964.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ranieri Mazzilli era o presidente da Cámara dos Deputados en 25 de agosto de 1961 cando ocorreu a renuncia de Jânio Quadros, e o entón vicepresidente, João Goulart encontrábase en visita oficial á República Popular da China. Para vencer as presións de militares que desexaban impedir a toma de posesión do vicepresidente, Ranieri Mazzilli, o segundo na liña de sucesión segundo a constitución brasileira, asumiu o poder ata que se votase unha solución conciliadora, a adopción do Parlamentarismo no Brasil, retirándose a xefatura do goberno das mans do presidente. O 7 de setembro de 1961 João Goulart volveu ao país xa só como xefe de estado, e Mazzilli reasumiu o seu posto na Cámara dos Deputados.

Cando ocorreu o golpe militar de 1964, João Goulart, entón presidente, refuxiouse no Uruguai. O cargo de presidente foi declarado vacante, e novamente Ranieri Mazzilli asumiu o goberno ata a toma de posesión do primeiro presidente do novo réxime militar, mariscal Humberto de Alencar Castello Branco, o que ocorreu a 15 de abril de 1964.

Presidentes do Brasil

Segue a:
Jânio Quadros
Ranieri Mazzilli
Precede a:
João Goulart
Partido Social Democrata - PSD
Presidentes do Brasil

Segue a:
João Goulart
Ranieri Mazzilli
Precede a:
Castello Branco
Partido Social Democrata - PSD