Relative strength index
O Indicador Relative Strength Index (RSI) é un indicador técnico usado na análise de mercados financeiros. O seu obxectivo é mostrar de xeito gráfico a forza (ou debilidade) dun activo financeiro nun período determinado. Baséase nos prezos de peche dun período de cotización recente.
O RSI é un oscilador de momento, que mide a velocidade e a magnitude dos movementos dirixidos no prezo dun activo. O momento é a taxa de caída ou crecemento no prezo. O índice valora o momento como a taxa entre os peches á alta e os peches á baixa. Así, os activos que teñen máis cambios positivos (ou cambios máis fortes) teñen un valor de RSI máis altos ca aqueles que teñen máis baixadas no prezo.
Acotío, este indicador emprega un período de 14 días no seu cálculo, medido nunha escala de 0 a 100. Tradicionalmente considéranse niveis altos e baixos no mercado os valores 70 e 30 respectivamente. Con todo, outros valores do período poden empregarse cando se precisa información sobre intervalos maiores ou menores. Como é sinxelo de intuír, valores máis extremos do indicador coma 80-20 indican un momento máis forte, pero danse con menor frecuencia.
O índice de forza relativa (RSI) foi definido por primeira vez por J. Welles Wilder en 1978, no seu libro New Concepts in Technical Trading Systems [1]. Hoxe en día é un dos indicadores técnicos máis empregados, especialmente no FOREX.
Cálculo
[editar | editar a fonte]Para cada período de cotización considerado calcúlanse dous valores U e D.
No caso en que o peche do período considerado como actual sexa maior ca o valor ó peche previo, temos:
Así mesmo, no caso de que o prezo baixase dende o período previo ó actual:
Estes valores para U e D serán sempre maiores ou iguais que 0, tendo a situación no caso de que o prezo de peche sexa o mesmo nos dous períodos considerados.
As medias destes valores calcúlanse usando unha media móbil exponencial (EMA) cun período n. Esta proporción é coñecida como Forza Relativa (Relative Strength ou RS)
A continuación aplícase a corrección:
Cando os valores de D son cero, o valor da Forza Relativa aproximase a infinito, que resulta no RSI tomando valores próximos a 100 (por causa da corrección)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. Welles Wilder, New Concepts in Technical Trading Systems, ISBN 0-89459-027-8