Reyes Maroto
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2021.) |
María Reyes Maroto Illera, nada en Medina del Campo (Valladolid) o 19 de decembro de 1973, é unha economista e política española. Foi ministra de Industria, Comercio e Turismo do Goberno de España entre 2018 e 2023, cesando para se converter en candidata do PSOE-M á alcaldía de Madrid nas eleccións municipais de maio de 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Medina del Campo, na provincia de Valladolid,[1] os seus pais (agricultor e ama de casa) son orixinarios e residentes da tamén valisoletana localidade de Ataquines, na que pasou a súa infancia e mocidade.[2][3] Fixo a secundaria nun CRA (Centro Rural Agrupado) e o bacharelato en Olmedo.
Licenciouse en economía na Universidade de Valladolid. Posteriormente realizou un máster en Economía e Finanzas no Centro de Estudos Monetarios e Financeiros[4] e un posgrao en Avaliación Sanitaria e Acceso ao Mercado na Universidade Carlos III de Madrid. Nesta universidade traballou durante 18 anos como profesora do Departamento de Economía,[2] e tamén foi membro do Instituto de Estudos de Xénero da universidade.[5] Entre 2011 e 2013, estivo empregada na Fundación Ideas para o Progreso.
Entre 1998-2003, traballou na Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA) como investigadora; de 2003 ao 2005, foi Directora de Proxectos en Asistencia Técnica QUASAR; entre 2005 e 2010, foi xefa de proxectos na área de Aplicación e Territorio en Analistas Financeiros Internacionais (AFI) e de 2011 a 2013, traballou na Fundación IDEAS como Responsable da Área de Economía, Sostibilidade e Benestar.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Nas eleccións autonómicas de maio de 2015 na Comunidade de Madrid, presentouse como candidata no posto número 20 da lista do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE)[6] e saíu deputada exercendo como voceira socialista na Comisión de Orzamentos, Economía, Facenda e Emprego.[4][5]
O 6 de xuño de 2018, renunciou á súa acta parlamentaria na Asemblea de Madrid para tomar posesión, o 7 de xuño de 2018,[7][8] como ministra de Industria, Comercio e Turismo do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.En novembro de 2022, fíxose público que sería a candidata do PSOE á Alcaldía de Madrid en 2023.[9][10] Cesou como ministra o 28 de marzo de 2023 para centrarse na campaña.
Polémica
[editar | editar a fonte]No contexto da erupción volcánica da Palma en 2021, a ministra Reyes Maroto declarou que "a erupción da Palma é un atractivo turístico que podemos aproveitar".[11][12] En relación a isto, a erupción de Fagradalsfjall en Islandia en abril de 2021, tamén se produciu sen vítimas e o Goberno islandés puxo en marcha unha ruta con miradoiro para que os turistas puidesen presenciar a erupción e contribuíu a recuperar o turismo un pouco despois da caída pola pandemia de COVID-19.[13] Cómpre salientar que o val do volcán Fagradalsfjall estaba deshabitado, mentres que ao pé do volcán Cumbre Vieja existían numerosas vivendas, edificios públicos e negocios que os veciños da Palma estaban a perder a diario debido ás correntes de lava.
Posteriormente, debido ás críticas recibidas da oposición,[14] a ministra Maroto rectificou as súas palabras.[15] En 2022 A Palma bateu todos os récords de turistas e pernoctacións da súa historia, superando as cifras anteriores ao Covid de 2019.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ILMA. SRA. Dª MARÍA REYES MAROTO ILLERA". asambleamadrid.es (en castelán). 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2018. Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 González, Patricia (6 de xuño2018). "Una ministra de Ataquines para la cartera de Industria, Comercio y Turismo". elnortedecastilla.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ "Ataquines presume de ministra". cyltv.es (en castelán). 7 de xuño de 2018. Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 Redacción/Europa Press (6 de xuño de 2018). "Reyes Maroto, diputada en la Asamblea de Madrid, ministra de Industria, Comercio y Turismo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 De Santos, Ángel Luis (6 de xuño de 2018). "Reyes Maroto, diputada de la Asamblea de Madrid, ministra de Industria". larazon.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ "Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid, núm 99. Elecciones a la Asamblea de Madrid 2015" (PDF). .juntaelectoralcentral.es (en castelán). 28 de abril de 2015. p. 4. Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ Redacción (7 de xuño de 2018). "Los 17 del "Consejo de Ministras y Ministros" de Sánchez prometen ante el Rey". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Redacción (7 de xuño de 2018). "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez". elpais.com (en castelán). Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Marcos, José; Viejo, Manuel (14 de novembro de 2022). "Reyes Maroto será la candidata del PSOE a la alcaldía de Madrid". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ Calleja, Ignacio S.; Gil, Iván (14 de novembro de 2022). "La ministra Reyes Maroto, candidata del PSOE a la alcaldía de Madrid". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ Sáiz, Eva (20 de setembro de 2021). "Reyes Maroto: “La erupción de La Palma es un reclamo turístico que podemos aprovechar”". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ Aguilar, Jorge (20 de setembro de 2021). "Maroto defiende que la erupción volcánica en La Palma puede servir de «reclamo» turístico como en Islandia". sevilla.abc.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2021. Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ Ehl, David (7 de setembro de 2021). "A volcano saves Iceland's travel industry". dw.com (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ Redacción (20 de setembro de 2021). "Alud de críticas a Reyes Maroto por ver el volcán de La Palma como reclamo turístico". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ B., S. (20 de setembro de 2021). "La ministra Maroto rectifica sus polémicas declaraciones sobre el turismo en el volcán de La Palma". sevilla.abc.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ Redacción (6 de febreiro de 2023). "La Palma lidera el aumento de las pernoctaciones de turismo rural en 2022". eldiario.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reyes Maroto |
- Nados en Medina del Campo
- Nados en 1973
- Políticos do PSOE
- Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura
- Deputados da Asemblea de Madrid polo PSOE
- Deputados da X Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)