Saltar ao contido

Riane Eisler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRiane Eisler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1931 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Viena (Primeira República de Austria) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California
Universidade de Valle
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos de xénero, feminismo, historia cultural, movemento pacifista, futurism (en) Traducir, dereito, dereito de familia, socioloxía, relación interpersoal e partner relationship (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropóloga, peace and conflict researcher (en) Traducir, xurista, profesora universitaria, escritora, escritora de non ficción, socióloga, Activista polos dereitos humanos, historiadora, científica Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteBiographies of important Austrian women scientists (en) Traducir, (p.169-170) >>>:Eisler, Riane, geb. Tennenhaus Eisler
biografiA: Lexikon österreichischer Frauen (en) Traducir, (vol:1, p.687) >>>:Eisler Riane, geb. Tennenhaus Eisler Editar o valor en Wikidata
Sitio webrianeeisler.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2129083 Facebook: RianeEisler Twitter: RianeEisler Youtube: UCaHqJHYOakBQar1RlBwJXzg BNE: XX1086483 Editar o valor en Wikidata

Riane Tennenhaus Eisler, nada en Viena en 1937, é unha académica austríaca, escritora, avogada e activista social. Fuxiu do nazismo cara a Cuba coa súa familia cando aínda era nena; máis tarde emigrou aos Estados Unidos. Graduada en Socioloxía e Dereito na Universidade de California é autora de varios artigos e influentes libros. É presidenta do Center for Partnership Studies. Eisler é definida como unha historiadora da cultura e unha teórica da evolución.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nace en Viena e emigra aos Estados Unidos despois de fuxir dos nazis aos sete anos e pasar outros sete en Cuba. Estudou Socioloxía, Antropoloxía e Dereito na Universidade de California Os Ánxeles (UCLA), onde máis tarde impartiría cátedra en temas de Xénero e Dereito. Escribiu obra relativa á teoría da evolución humana, historia da cultura e modelos de cooperación.[3] Considérase como pioneira nos estudos holísticos sobre a humanidade no pasado, presente e futuro.[4] É presidenta do The Centre for Partnership Studies do World Future Council, de onde tamén é conselleira. É cofundadora do General Evolution Research Group (GERG), da Spiritual Alliance to Stop Intimate Violence (SAIV)[5] e da World Comission on Global Consciousness and Spirituality así como doutras organizacións feministas. É tamén responsábel da área de investigación da Academia Mundial de Arte e Ciencia, da World Business Academy.

Ten máis de 300 artigos publicados, entre os que se atopan: “Behavioral Science, Futures, Political Psychology, The Christian Science Monitor, e o Xornal da UNESCO--Brain and Mind, Human Rights Quarterly, International Journal of Women's Studies, e a World Encyclopedia of Peace”.[6]

Polo seu amplo labor na educación e a investigación, foi acredora de diversos recoñecementos e premios tales como: recoñecemento na Primeira Enciclopedia Mundial da Paz,[4] diversos doutoramentos honoris causa, Premio Nuclear Age Peace Foundation Leadership, o Primeiro premio Alice Paul ERA de Educación e o Humanist Pioneer Award.

É asesora na aplicación dos seus modelos de cooperación en gobernos e empresas; colabora para que se lexisle a favor da infancia e as mulleres.[4] Expuxo o seu pensamento ante a Organización das Nacións Unidas, ante as autoridades de goberno de Colombia (invitación emitida polo Alcalde de Bogotá), en República Checa (convidada polo Presidente desta Nación, Vaclav Havel), ante o Parlamento Alemán (baixo a invitación de Rita Suessmuth, presidenta no momento do Bundestag) e noutras instancias internacionais.[5]

Polos seus modelos de evolución humana e os seus estudos de antropoloxía é considerada como a mellor herdeira da arqueóloga de orixe lituana Marija Gimbutas.[7]

O super vendas internacional The Chalice and The Blade: Our History, Our Future (O cáliz e a espada: A nosa historia, o noso futuro) (Harper Collins, San Francisco, 1987) foi considerado polo antropólogo Ashley Montagu como «o libro máis importante desde A orixe das especies de Darwin». Foi traducido a 22 idiomas, incluíndo a maioría de linguas europeas, chinés, ruso, coreano, hebreo e xaponés.[1]

A súa obra de 2007, The Real Wealth of Nations: Creating a Caring Economics (A verdadeira riqueza das Nacións: Creación da Economía do Coidado), propón un novo enfoque á economía que ofrece visibilidade e valor ao traballo máis esencialmente humano: o traballo de preocuparse polas persoas e polo planeta. Foi considerado polo arcebispo Desmond Tutu como «un modelo para o mundo mellor que estivemos buscando con tanta urxencia», por Peter Senge como «desesperadamente necesario", por Jane Goodall como "unha chamada á acción", e por Gloria Steinem como "revolucionario".[8]

Outras obras de Eisler inclúen a galardoada The Power of Partnership and Tomorrow’s Children, así como Sacred Pleasure (Pracer sacro), unha revisión da sexualidade humana e da espiritualidade; e Women, Men, and the Global Quality of Life, que documenta estatisticamente o papel clave do status da muller na calidade de vida dunha nación.

En inglés

[editar | editar a fonte]
  • Dissolution: NoFault Divorce, Marriage, and the Future of Women. Nova York: McGraw-Hill, 1977.
  • The Equal Rights Handbook: What ERA means for your life, your rights, and your future. Nova York: Avon, 1979.
  • The Chalice and The Blade: Our History, Our Future. Nova York: Harper & Row, 1989. ISBN 0-06-250289-1
  • Sacred Pleasure: Sex, Myth, and the Politics of the Body. San Francisco: Harper, 1996. ISBN 0-06-250283-2
  • The Partnership Way: New Tools for Living and Learning, with David Loye, Holistic Education, 1998 ISBN 0-9627232-9-0
  • Tomorrow's Children: A Blueprint for Partnership Education in the 21st Century (2000)
  • The Power of Partnership: Seven Relationships that will Change Your Life (2002)
  • Educating for a Culture of Peace (2004)
  • The Real Wealth of Nations: Creating a Caring Economics. San Francisco: Berrett-Koehler, 2007. ISBN 978-1-57675-388-0
  1. 1,0 1,1 "Perfil de Riane Eisler en el Institute of Noetic Sciences" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  2. "Biografía en World Future Council" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  3. "Riane Eisler Presidenta del Centro para los Estudios de Cooperación". Sitio web de la The World Future Council (en español). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Reich. "Informacion sobre tres libros de Riane Eisler El Cáliz y la Espada: Nuestra historia, nuestro futuro. Placer Sagrado. La Niñez del Mañana: Educación Solidaria para el Siglo 21.". Sitio Web del Center of Partnership Studies (en español). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015.  |first3= sen |last3= in Authors list (Axuda)
  5. 5,0 5,1 Esteban. "Biografía de Riane Eisler Autora de prestigio y Macro-historiadora Riane Eisler.". Sitio web del Center of Partnership Studies (en español). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015.  |first3= sen |last3= in Authors list (Axuda)
  6. Esteban. "Biografía de Riane Eisler Autora de prestigio y Macro-historiadora Riane Eisler." (en Español (tradución)). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015.  |first3= sen |last3= in Authors list (Axuda)
  7. "Riane Eisler, científica de sistemas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2021-07-22. Consultado o 2022-07-22. 
  8. "Biografía de Riane Eisler en el Center for Partnership Studies" (en español). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]