Rocío Igarzábal, nada en San Isidro (Bos Aires) o 24 de agosto de 1989, é unha actriz, modelo e cantante arxentina. Tamén é coñecida polo seu papel de Vale Gutiérrez na telenovela xuvenil arxentina Casi Ángeles e pola súa etapa de cantante no grupo de música pop derivado chamado Teen Angels.[1][2]
Co fin da banda, Rocío adopta unha nova vida de actriz. Despois da serie Casi Ángeles, nos anos 2012 e 2013, Rocío interpretou unha personaxe chamada Brenda Bandi en Dulce amor[4]. No seu último capítulo, a novela foi exhibida no teatro Gran Rex. Aínda en 2013, Rocío protagonizou Taxxi Amores Cruzados como Tania Shelley, compartindo escenario con Gabriel Corrado, Catherine Fulop[5] e Nicolas Riera, que tamén integrou a banda dos Teen Angels. Tamén en 2013, Rocío debutou no cinema, no seu primeiro documental versión 3D da serie dos Teen Angels.