Ronnie Thompkins
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1967 Jackson, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 2003 (35/36 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 102 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ronnie Lee Thompkins, nado o 28 de setembro de 1967 en Jackson (Míchigan) e finado o 12 de setembro de 2003 en accidente de tráfico,[1] foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,02 metros de altura, xogaba na posición de pivote.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado en Fort Hayes State e Eastern Michigan, Thompkins xogou durante toda a súa carreira en diferentes equipos de todo o planeta. Chegou a xogar na Liga ACB da man do Breogán de Lugo. Con todo, a súa experiencia na categoría reduciuse a tan só seis partidos, sendo despedido despois dun incidente en Málaga. O xogador, despois dun encontro ante o Unicaja, acompañado dos seus compañeiros Cedric Glover e Tharon Mayes e con síntomas de embriaguez, negouse a pagar a factura dos seus gastos no hotel. Tras unha discusión cun empregado do estabelecemento hoteleiro, o pivote propinoulle unha puñada e empurrou, que acabou co home no chan. Thompkins colleu despois unha pedra para continuar coa agresión, mais foi detido polos seus compeñeiros. O empregado declarou que de non ser por Glover e Mayes, Thompkins teríao matado. O contrato do xogador foi rescindido inmediatamente. Tras xogar noutros moitos países, chegou a ser suspendido por consumo de substancias ilegais.[2] En 2003 faleceu por un accidente de tráfico, aínda que tamén hai quen sostén que foi atopado morto nun hotel por sobredose.[3][1]
Clubs
[editar | editar a fonte]- Mid-Michigan Great Lakers (GBA, 1991−1992)
- Avignon Basket-Ball (Pro B, 1992)
- ALM Évreux (Pro B, 1992−1993)
- Grand Rapids Hoops (CBA, 1993)
- ASA Sceaux (Pro A, 1993−1994)
- Leopardos Bucaramanga (Colombia, 1994)
- Breogán Lugo (ACB, 1994−1995)
- Ampelokipoi (A1, 1995−1996)
- Racing Paris (Pro A, 1996)
- Panteras de Miranda (Venezuela, 1996)
- Racing Club Avellaneda (Arxentina, 1996−1997)
- Zagłębie Sosnowiec (PLK, 1997−1999)
- Komfort Forbo Stargard Szczec (PLK, 1999−2000)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Jiménez, Carlos (28 de setembro de 2003). "USA: El ex ACB Ronnie Thompkins muere a los 36 años". solobasket.com.
- ↑ Ortiz Pérez, Javier (10 de febreiro de 2014). "Ronnie Thompkins: Imán para los líos (DEP)". endesabasketlover.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ Henson, Joaquin M. (5 de outubro de 2003). "Ex-import found dead". philstar.com.