Rowley Habib
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1933 Oruanui, Nova Zelandia |
Morte | 3 de abril de 2016 (82 anos) |
Educación | Te Aute College (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, dramaturgo, guionista |
Rowley Habib, nado en Oruanui o 24 de abril de 1933 e finado o 3 de abril de 2016[1], tamén coñecido como Rore Hapipi, foi un escritor neozelandés en lingua maorí.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de pai libanés e nai maorí, identificouse coa iwi Ngāti Tūwharetoa. Tivo diversos traballos ao longo da súa vida, desde nunha libraría á construción de centrais hidroeléctricas.[2]
Entre 1956 e 1971 colaborou de forma habitual con relatos na revista maorí Te Ao Hou The New World.[3]
Foi o primeiro maorí en escribir o guión dun filme de televisión, o drama The Gathering (1979), que reflicte a vida dunha muller maior dos tangihanga.[2] En 1976 publicara a obra de teatro maorí Death of the Land, un drama sobre a venda dun antigo territorio.[4] Levouse a cabo unha adaptación televisiva en 1978, que incluíu tomas da Marcha pola Terra de 1975.[5] O drama The Protesters gañou o Premio Feltex ao mellor guión en 1983. Na rodaxe participaron actores e actrices como Merata Mita, Jim Moriarty, Billy T. James ou Don Selwyn.[2]
En 1984 foi recoñecido co Katherine Mansfield Menton Fellowship.[6] En 2013 Creative New Zealand concedeulle o Premio Ngā Tohu a Tā Kingi Ihaka Te Waka Toi en recoñecemento pola súa traxectoria ao servizo da arte maorí,[7] describindo a súa obra Death of the Land coma un fito no desenvolvemento do teatro maorí.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Guións de televisión
[editar | editar a fonte]- Death of the Land (1976)
- The Gathering (1979)
- The Protesters (1983)
Poesía
[editar | editar a fonte]- The Raw Men (antoloxía, 2006; O-a-Tia Publishers)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Prominent Māori writer Rowley Habib passes away". Māori Television News. 4 April 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 5 April 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 NZOnScreen, ed. (2016). "Rowley Habib (Rore Hapipi)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2016.
- ↑ Ed. Maggie Awadalla and Paul March-Russell. The Postcolonial Short Story: Contemporary Essays. Palgrave Macmillan 2013
- ↑ Trisha Dunleavy. Ourselves in Primetime - A History of New Zealand Television Drama. Auckland University Press 2005
- ↑ "Death of the Land (video)". NZOnScreen. 1978. Consultado o 7 de abril de 2016.
- ↑ "Katherine Mansfield Menton Fellowship: list of fellows". Creative New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2016. Consultado o 5 April 2016.
- ↑ "Creative New Zealand mourns the passing of Rore Hapipi (Rowley Habib)". Creative New Zealand Arts Council of New Zealand Toi Aotearoa. 5 April 2016. Consultado o 6 April 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rowley Habib A New Voice in New Zealand Writing, na páxina web da National Library of New Zealand (en inglés)
- List of 13 stories, articles and poems published in Te Ao Hou, na páxina web da National Library of New Zealand (en inglés)