S/2003 J 16
Aparencia
S/2003 J 16 é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos liderado por Brett J. Gladman no ano 2003.[1][2]
S/2003 J 16 ten un diámetro duns 2 kms e orbita Xúpiter a unha distancia media duns 20,744 Gm en 610,362 días, cunha inclinación orbital de 151° respecto da eclíptica (149° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,3185. Esta lúa é o pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares retrógradas que orbitan Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 Gm, con inclinacións próximas ós 150°.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 8116: Satellites of Jupiter and Saturn Arquivado 05 de maio de 2006 en Wayback Machine. abril do 2003 (descubrimento).
- ↑ MPEC 2003-G20: S/2003 J 18 abril do 2003 (descubrimento e efemérides).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]