Saltar ao contido

STS-126

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-126
Lanzamento da misión STS-126
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento15 de novembro de 2008, 00:55 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión15,85 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso28 de novembro de 2008[6]
NSSDC ID2008-059A

STS-126 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 15 de novembro de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-126, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Christopher J. Ferguson, o piloto Eric A. Boe e os especialistas de misión Sandra H. Magnus, Stephen G. Bowen, [[Donald R. Pettit, Robert S. Kimbrough e Heidemarie M. Stefanyshyn-Piper..[3][5][6][6][7]

O Endeavour acoplouse ao módulo Harmony da estación ás 22:01 GMT do 16 de novembro levando a bordo o Módulo Loxístico Multipropósito (MPLM polas súas siglas en inglés) Leonardo cargado con subministracións, materiais e equipos para que a estación puidera soportar tripulacións permanentes de seis membros en lugar dos tres de ata o momento. A tripulación instalou un baño adicional e un procesador de urina para producir auga potable. Tamén fixeron catro paseos espaciais para reparar a xunta dun dos paneis solares.[3][5][6][6][7]

O transbordador volveu a terra na Base Edwards da Forza Aérea, en California, o 30 de novembro de 2008.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 126" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 9 September 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (09-86398(E)). 14 de setembro de 2009: 2. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 126" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-126 / ULF-2" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 Mark Wade (2011). "STS-126" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (19 de decembro de 2018). "STS-126" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]