Saltar ao contido

Salirofilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
É unha das parafilias menos condenadas socialmente e tamén unha das máis comúns.

Salirofilia (do latín Saliro, fluídos salgados, e filia, atracción por) é o fetiche pola saliva e pola suor (fluídos orgánicos que conteñen sal),[1] o que inclúe intensa atracción e/ou desexo sexual por:

  • Lamber alguén ou algún obxecto erótico;
  • Ser lambido por determinadas persoas;
  • Ver outras persoas lambendo;
  • Ver suor e/ou saliva escorrendo;
  • Lamber suor e/ou;
  • Sentir o cheiro de suor de determinadas persoas;

Así como noutras parafilias, esa atracción non é necesariamente indiscriminada, acostumando estar restrinxida a atracción por suor e saliva en determinados contextos e de determinadas persoas. Xeralmente durante as preliminares ou durante o acto sexual en si con alguén se sente atraído. Ou sexa, non significa que a persoa ten atracción por calquera suor, por lamber calquera persoa ou en calquera contexto nin por todas as posibilidades.

Ese fetiche pode incluír o uso da saliva como lubricante xenital para facilitar a penetración.

A atracción pola suor pode ser causada por feromonas.

  1. Salirophilia[Ligazón morta] Definición en inglés en Kinky Match