Saltar ao contido

Sally Ride

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSally Ride

(1984) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) sally elizabet martines Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1951 Editar o valor en Wikidata
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xullo de 2012 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
La Jolla, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWoodlawn Memorial Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford - filoloxía inglesa, física
Swarthmore College (pt) Traducir
Universidade Stanford - física
Universidade Stanford - física
Harvard-Westlake School (en) Traducir
Los Angeles Unified School District (en) Traducir
Birmingham High School (en) Traducir
Harvard-Westlake School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica, escritora, profesora universitaria, astrofísica, astronauta, escritora de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCenter for International Security and Cooperation (en) Traducir (1987–1989)
NASA, astronauta (1978–1987)
Sally Ride Science (en) Traducir
Universidade de California en San Diego
Universidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Tempo no espazo14 días, 7 horas e 46 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Familia
CónxuxeSteven Hawley (1982–1987) Editar o valor en Wikidata
ParellaTam O'Shaughnessy (1985–2012) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Women In Science (en) Traducir, (p.115) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0725790 WikiTree: Ride-21 Find a Grave: 94078737 Editar o valor en Wikidata

Sally K. Ride, nada en Encino (California) o 26 de maio de 1955 e finada en La Jolla o 23 de xullo de 2012, foi unha astronauta estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Sally Ride ante un panel de control

A súa familia procedía de Derbyshire (Inglaterra) e por vía materna de varias xeracións de daneses menonitas emigrados aos Estados Unidos de América[1]. Estudou na Universidade de Stanford graduándose en física e inglés, no segundo obtén unha distinción ao analizar a temática da graza nas obras de Shakespeare, Hamlet e A tempestade. No 1975, obtén a mestría en física, no 1978 o doutoramento pola Universidade de Stanford polo estudo da interacción dos raios X no medio interestelar.

Sally Ride é recoñecida como a primeira estadounidense en viaxar ao espazo. Membro da primeira tripulación de astronautas da NASA en incluír mulleres, rompeu cunha barreira dun cuarto de século de astronautas exclusivamente brancos e varóns cando foi escollida para a sétima misión en transbordador espacial, a misión STS-7 en 1983.[2].

Despois dun segundo voo espacial, Ride serviu nos paneis de investigación sobre a explosión do transbordador espacial Challenger e do transbordador espacial Columbia que supuxo a desintegración das naves e a morte das tripulacións. En ambas investigacións Ride defendeu o erro da axencia espacial en apertar para cumprir coa data de saída e apuntou a fallos internos de organización.[1].

Ride foi a cofundadora dunha compañía para a promoción da ciencia de base e a educación infantil, en especial a feminina. Co mecenado da compañía SRS sacou ao mercado unha serie de doce libros científicos orientada ao público xuvenil titulada Cool Careers in Science, onde se describían perfís de posíbeis carreiras na ciencia, dende a veterinaria á microbioloxía, a maioría deles representados por mulleres.[3].

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2022, a figura de Wilma Mankiller foi homenaxeada ao ser a protagonista da segunda das moedas estadounidenses dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos.[4]

  1. 1,0 1,1 Sherr, Lynn (2014). Sally Ride AMERICA'S FIRST WOMAN IN SPACE. Simon and Schuster. 
  2. Historic Ride: NASAs Ad Gave Physicist Wings. Wasinghton Post. 1983. 
  3. Kevles, Bettyan (2006). Almost heaven, the story of women in Space. Cambridge Mass. 
  4. "Dr. Sally Ride Quarter". United States Mint.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]