Saltar ao contido

San Tomé de Lourenzá, Lourenzá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Tomé de Lourenzá
Pazo de Tovar
ConcelloLourenzá[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°25′55″N 7°17′25″O / 43.43194444, -7.29027778
Poboación386 hab. (2016)
Entidades de poboación29[1]
editar datos en Wikidata ]

San Tomé de Lourenzá é unha parroquia do concello de Lourenzá na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. Tiña 386 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística,[2] 178 homes e 208 mulleres. O que supón unha diminución de 91 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 477 habitantes (242 homes e 245 mulleres).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial data do século XVI e conta cun retablo barroco do século XVIII, de influencia colonial, e o Monumento de Semana Santa, do mesmo século.

O pazo de Tovar do século XV, de estilo isabelino, é un monumento civil que se levanta sobre o que antano foi o Real Couto de Canedo.

Galería de Imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de San Tomé de Lourenzá

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Tomé de Lourenzá no concello de Lourenzá (Lugo)

O Amieiral | O Batán | O Cal | A Casanova | Castiñeiras Verdes | Combre | A Covela | O Cristo | Ferreira | A Fonte do Cura | Forxa | A Igrexa | Liñares | Lomparte | Lourenzá | Oural | O Pacio de Tovar | Painzás | As Pedreiras | O Pereiro | O Piago | A Polida | O Pontigo | O Rego de Pereira | A Regueira | A Ribalta | As Ribas | Tercias | Veiga de San Tomé

Parroquias de Lourenzá

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Lourenzá

Lourenzá (Santa María) | San Tomé de Lourenzá (San Tomé) | San Xurxo de Lourenzá (San Xurxo) | Santo Adrao de Lourenzá (Santo Adrao)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]