Santuario de San Gabriele dell'Addolorata
Santuario de San Gabriele dell'Addolorata | |
---|---|
País | Italia |
Localización | Isola del Gran Sasso d'Italia |
Coordenadas | 42°31′01″N 13°39′27″L / 42.516944444444, 13.6575 |
Diocese | Roman Catholic Diocese of Teramo-Atri |
Orde relixiosa | Passionistas |
Páxina web | http://www.sangabriele.org/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O santuario de San Gabriele dell'Addolorata (San Gabriel da Dolorosa, en italiano) é un santuario italiano, que se atopa aos pés do Gran Sasso, na comune de Isola del Gran Sasso d'Italia, na provincia de Teramo.
Hai 4 estruturas principais: o convento que é a sé de passionisti; a vella igrexa na que están os restos de Gabriele dell'Addolorata; a nova igrexa en formigón armado e aceiro, que en xeral está aberta tódolos días para acoller ao alto número de peregrinos; e a sede do Eco di San Gabriele, a revista mensual vinculada ás actividades do santuario.
Historia
[editar | editar a fonte]Cara 1215, Francisco de Asís fundou un convento para a súa orde franciscana na comune de Isola del Gran Sasso d'Italia, no que estiveron até o tempo das supresións napoleónicas; ese convento é o actual santuario de San Gabriele.
Parece que o santo de Asís viu nas augas freáticas do Gran Sasso un altar dedicado á Virxe, polo que probablemente en 1216 comezou a construción dunha igrexa adicada á mesma.
En 1809 o convento foi abandonado polos seguidores de Francisco, a raíz da supresión das ordes relixiosas durante o período napoleónico e posteriormente tomado en 1847 polos Passionistas.
A urna cos restos mortais de Gabriele dell'Addolorata estivo durante un tempo conservada na antiga igrexa, para ser trasladada posteriormente ao novo santuario.
Devoción
[editar | editar a fonte]O santuario é unha meta de peregrinación moi seguida polos xoves con dúas citas principais, unha no mes de marzo, a cen día do exame do Estado para obter o diploma de ensinanza media superior, onde miles de estudantes procedentes dos Abruzos e outros lugares acoden ao santuario para rezar e así obter un bo resultado no exame; e outra o derradeiro domingo de agosto, no que se amorean multitude de tendas de campaña na que os mozos (pero tamén os menos mozos) se establecen durante cinco días, dando vida o seu encontro relixioso.
Entre as visitas célebres do santuario caben destacar a do Papa Xoán Paulo II e o entón prefecto de Congregación para a Doutrina da Fe, Joseph Ratzinger. A lembranza destas visitas testimóniase polas fotos expostas no moderno santuario.
Arte
[editar | editar a fonte]O moderno santuario, realizado segundo o proxecto da escola Gio Ponti, completado co proxecto do arquitecto Eugenio Abruzzini, alberga valiosos exemplos da arte sagrada contemporánea de artistas como Enrico Accatino, Ugolino de Belluno ou Tito Amodei.