Sebastian Armesto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1982 ![]() Inglaterra, Reino Unido ![]() |
Educación | Eton College ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de teatro, actor de cinema, actor de televisión ![]() |
Período de actividade | 2004 ![]() |
Familia | |
Pai | Felipe Fernández-Armesto ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Sebastian Armesto, nado o 3 de xuño de 1982, é un actor de cinema, televisión e teatro inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do historiador Felipe Fernández-Armesto, e neto de Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía), educouse no prestixioso Eton College.
Televisión e filmes
[editar | editar a fonte]Armesto interpretou o papel de Carlos V, emperador do Sacro Imperio Romano na serie The Tudors. Protagonizou en 2008 na ITV a serie dramática The Palace, como o despreocupado irmán máis novo do rei, o príncipe George.[1] A continuación interpretou o personaxe de Edmund Sparkler na versión da BBC da novela de Charles Dickens Little Dorrit. Na película de 2011 Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides Armesto interpretou o rei español Fernando VI. Así mesmo, interpretou o poeta e dramaturgo Ben Jonson na película Anonymus de Roland Emmerich.
Teatro
[editar | editar a fonte]Sebastian Armesto actuou en destacadas producións teatrais en Gran Bretaña, incluíndo tres espectáculos no National Theatre e un no Royal Court. Tamén escribiu e dirixiu obras de teatro coa compañía Simple 8. As súas producións inclén a dirección e adaptación de Les Enfants du Paradis con grande éxito.[2] Máis recentemente, coescribiu e dirixiu unha peza de teatro baseada na obra de William Hogarth The Four Stages of Cruelty,[3] e novas versións de O Gabinete do Dr. Caligari e Moby Dick.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Copenhagen - como Jeremy (2014)
- Anonymous – como Ben Jonson (2011)
- Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides – como Fernando VI de España (2011)
- Bright Star – como Mr. Haslam (2009)
- Little Dorrit – como Edmund Sparkler (9 episodios; 2008)
- Loser's Anonymous – como Edward (2008)
- The Palace – como Príncipe George (8 episodios; 2008)
- Blood Monkey – como Josh Dawson (2007)
- The Tudors – como Carlos V emperador do Sacro Imperio Xermánico (1 episodio; 2007)
- Dear Steven Spielberg – como Avogado 6 (2006)
- Ancient Rome: The Rise and Fall of an Empire – como Honorio (1 episodio; 2006)
- Marie Antoinette – como Conde da Provenza (2006)
- The Impressionists – como Crítico de arte (2006)
- The Virgin Queen – como Charles Blount (2005)
- Doctor Who – como Broff (1 episodio; 2005)
- The Bill – como Tim Salcedo (1 episodio; 2005)
- Hawking – como Robert Silkin (2004)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Banks-Smith, Nancy (15 January 2008). "G2: Last night's TV: The Palace is not only tosh - it will never top the antics of the real royal family". The Guardian. p. 31.
- ↑ McGinn, Caroline (26 de maio de 2011). "Theatre - Psycho's progress; Adam Brace and Sebastian Armesto visit the London roots of their Hogarth-inspired drama with Caroline McGinn. Portrait Rob Greig". Time Out.
- ↑ Mountford, Fiona (31 de maio de 2011). "Wild Times and Rich Promise". The Evening Standard.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sebastian Armesto en IMDb (en inglés)
- Sebastian Armestol en Curtis Brown Talent Agency (en inglés)