Selección de fútbol de Acerbaixán
Acerbaixán | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Azərbaycan Futbol Federasiyaları Assosiasiyası | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | AZE | ||
Alcume | Milli (A nacional) | ||
Clasificación FIFA | 114 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Fernando Santos | ||
Máis encontros | Rashad Sadygov (111) | ||
Máximo goleador | Gurban Gurbanov (14) | ||
Estrea internacional Xeorxia 6 − 1 Acerbaixán Gurjaani, Xeorxia; 17 de setembro de 1992 | |||
Maior vitoria Acerbaixán 4 − 0 Liechtenstein Bakú, Acerbaixán; 5 de xuño de 1999 Acerbaixán 5 − 1 San Marino Bakú, Acerbaixán; 4 de setembro de 2017 | |||
Maior derrota Francia 10 − 0 Acerbaixán Auxerre, Francia; 6 de setembro de 1995 |
A selección de fútbol de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan milli futbol komandası) é o equipo que representa a Acerbaixán nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Está controlada pola Asociación de Federacións de Fútbol de Acerbaixán (Azərbaycan Futbol Federasiyaları Assosiasiyası, AFFA), a cal tamén organiza a liga e copa nacional de fútbol deste país. A selección de Acerbaixán foi fundada en 1992, tras o desmembramento da Unión Soviética e quedou inscrita na FIFA e na UEFA en 1994. Este equipo é dos menos competitivos de Europa e nunca se clasificou para unha fase final dun mundial ou dunha Eurocopa.
Cores e símbolos
[editar | editar a fonte]Dende a súa fundación o equipo nacional acerí xogou cunha camisola branca adornada cunha pequena banda vertical vermella-verde-azul e cos pantalóns azuis. Fóra de casa alterna camisolas vermellas e azuis. Ultimamente a situación é bastante caótica dado que o equipo está xogando tanto como local como visitante de azul. O símbolo que portan os xogadores no peito é o escudo nacional acerí.