Saltar ao contido

Selección de rugby de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romanía
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)Stejarii
EmblemaFolla de carballo
UniónFederaţia Română de Rugby
AdestradorAndy Robinson
CapitánMihai Macovei
Mais capsFlorin Vlaicu (120)
Máis ensaiosCătălin Fercu (33)
EstadioArcul de Triumf (8 155)
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual19 (2 de decembro de 2019)
Máximo13 (2006)
Mínimo20 (2019)
Estrea internacional
Romanía Romanía 0−21 Estados Unidos Estados Unidos
París, Francia; 1 de xullo de 1919
Maior vitoria
Bulgaria Bulgaria 0−100 Romanía Romanía
Burgas, Bulgaria; 21 de setembro de 1976
Maior derrota
Inglaterra Inglaterra 134−0 Romanía Romanía
Londres, Reino Unido; 17 de novembro de 2001
Copa do Mundo
Participacións8 (primeira en 1987)
Mellor resultadoFase de grupos (1987, 1991, 1995, 1999, 2003, 2007, 2011, 2015).

A selección de rugby de Romanía tamén coñecida como os Carballos (Stejarii), representa a Romanía nas competicións oficiais de rugby. Sempre foi un dos equipos máis fortes do continente europeo, dentro dos que non disputaban o Torneo das Seis Nacións, mais actualmente Xeorxia ese posto. Está incluído na segunda división de seleccións internacionais e ocupa o posto 17 na clasificación de seleccións da IRB. Participa habitualmente na Copa do Mundo (participou en tódalas edicións disputadas ata o momento, logrando como mellor resultado unha vitoria na fase de grupos nas edicións de 1987, 1991, 1999, 2003 e 2007), na Copa de Europa e na Super Cup.

A década dos oitenta foi o mellor período da historia da selección romanesa, cando chegou a vencer a Gales en dúas ocasións, a Escocia (ao equipo que lograra o Grand Slam de 1984) e a Francia en dúas ocasións. En 1981 perdeu fronte aos All Blacks por un axustado 14-6, a pesar de que lles foron anulados dous ensaios. Existen rumores de que nesa época foi convidada a disputar o Torneo 5 Nacións, mais supostamente a invitación foi refusada debido a que a celebración do Torneo coincidía coa parada invernal da Liga Romanesa. Porén, o rugby romanés sufriu un lixeiro retroceso nas últimas dúas décadas, coincidindo coa deterioración da política e a economía nacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O rugby introduciuse grazas a estudantes que regresaban dos seus estudos en París con balóns de rugby. En 1913 formouse o Stadiul Roman, primeiro equipo do país. Nese período formáronse outros 17 equipos, todos na capital Bucarest.

O primeiro partido internacional da selección romanesa tivo lugar o 1 de xullo de 1919 fronte aos Estados Unidos.

Romanía foi un dos tres países que acudiron á competición de rugby dos Xogos Olímpicos de 1924 que tiveron lugar en París. O primeiro partido celebrouse no Stade Francais fronte ao país anfitrión, caendo derrotada por 59-3. Posteriormente perdería tamén fronte aos Estados Unidos (39-0), quedando relegada á terceira posición.

A federación romanesa formouse en 1931. En 1939 formouse en Braşov, nunha fábrica de avións, o primeiro equipo fóra de Bucarest.

Logo da segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

O réxime comunista empregou o rugby, ao igual que outros deportes, como ferramenta de propaganda política durante o período da guerra fría. Cada éxito internacional da selección foi presentado como un éxito do sistema e da ideoloxía comunista. A selección recibiu numerosas axudas financeiras en detrimento dos clubs. Os mellores xogadores pasaron a engrosar as filas da policía e do exército, e a xogar no Dynamo e no Steaua de Bucarest (equipos que representaban a eses dous corpos armados). O adestramento desenvolvíase ao longo de seis días á semana e xerou unha potente selección.

Ao longo da década dos corenta e dos cincuenta, e grazas a unha serie de adestradores que practicaban un xogo de estilo francés, construíuse devagar un equipo que deu os seus mellores resultados a partir de 1960 (coa primeira vitoria sobre Francia) e que explotaría na década dos oitenta. En 1976, a selección romanesa realizou a súa primeira xira por Nova Zelandia. Aínda que se hai un punto de inflexión, este foi o ano 1979, cando "os carballos" case vencen a Gales no Arms Park de Cardiff, de feito tan só perderon por 13-12 e grazas a un drop convertido polo xogador galés Gareth Davies no tempo de desconto. A partir dese momento chegaron os maiores éxitos da selección, con vitorias sobre Francia (15-0) en 1980, sobre Gales (24-6) en novembro de 1983 e sobre Escocia (28-22) en 1984, todas elas en Bucarest. Así mesmo, en 1989 logrou a primeira vitoria en campo contrario fronte a un equipo británico, ao vencer a Gales en Cardiff por 9-15. Neste período, o rugby tiña unha gran base en Romanía, cun total de 12.000 federados e 110 equipos.

En 1981, o combinado romanés plantou cara aos All Blacks, fronte aos que caeu por 14-6, a pesar de que lles anularan dous ensaios.

Na primeira Copa do Mundo de Rugby celebrada en Nova Zelandia e Australia, Romanía foi convidada e realizou o seu debut cunha vitoria fronte a Zimbabwe por 21-20, aínda que foi incapaz de pasar á fase de grupos.

Trala caída do comunismo

[editar | editar a fonte]

No entanto, a deterioración da política e da economía doméstica, tamén afectou ao rugby, principalmente a causa de que os dous equipos principais do país, o Dinamo de Bucarest e o Steaua de Bucarest (representantes da policía e o exército) deixaron de recibir axuda financeira estatal. Así mesmo, varios xogadores de primeira fila perderon a vida na Revolución de 1989, entre eles o Skipper da selección Florica Murariu (oficial do exército), morto por un disparo nunha barricada.

Malia todo, trala revolución, a selección continuou colleitando éxitos. Entre eles atópase a maior vitoria fronte a Francia en campo francés (6-12) en 1990 e a vitoria sobre Escocia en 1991 por 18-12. Na Copa do Mundo de Rugby 1991, Romanía venceu a Fidxi por 17-15, e na Copa do Mundo de Rugby 1995 plantou cara aos anfitrións e posteriormente campións]] ao caer derrotada por 21-8.

O que si afectou duramente ao rugby romanés foi a aparición do profesionalismo trala Copa do Mundo de 1995, feito que provocou a marcha de aproximadamente 200 xogadores ás Ligas Francesa e Italiana. Dende ese momento, o rugby romanés entrou nunha crise de xogo, con derrotas avultadas como as sufridas ante Gales na súa xira de 1997. Na Copa do Mundo de Rugby 1999, Romanía tan só puido vencer aos Estados Unidos por 27-25.

O novo milenio

[editar | editar a fonte]
Romanía contra Irlanda en Lansdowne Road no 2005.

No ano 2000, Romanía venceu na primeira edición da European Nations Cup por unha ampla marxe, con vitoria nos seus catro partidos. Pola contra, no 2001 caeu derrotada na Copa de Europa ante a selección de Xeorxia, que venceu en Bucarest por 31-20. Ademais, como mostra do descenso do nivel do rugby romanés, está a derrota sufrida ante Inglaterra por 134-0 no 2001, aínda que o combinado romanés non puido contar cos xogadores que militaban na Liga Francesa, xa que os clubs non lles permitiron xogar.

En xaneiro do 2002 foi contratado como adestrador do francés Bernard Charreyre. Baixo a dirección de Charreyre (coñecido como "o pequeno Napoleón"), a selección romanesa comezou un lixeiro ascenso, acadando a vitoria na Copa de Europa grazas á vitoria ante Xeorxia en Tblisi por 23-31.

Na Copa do Mundo de Rugby 2003, a selección de Romanía venceu a Namibia, mais non puido superar a fase de grupos ao caer fronte a Arxentina (50-3), Australia (90-8) e Irlanda (45-17). Após esta Copa do Mundo, Charreyre foi cesado, sendo substituído por outros tres adestradores franceses: Phillipe Sauton, Robert Antonin e Daniel Santamans (actual adestrador).

A Copa de Europa de 2003-2004, viu a sorprendente aparición de Portugal, que venceu a Romanía en Lisboa por 16-15. Aínda que na segunda volta, Romanía venceu a Portugal (36-6) en Constanţa, pero a derrota fronte a Rusia en Krasnodar deu o título aos portugueses.

No 2004 Romanía venceu a Italia por 25-24, conseguindo a súa primeira vitoria fronte a un equipo do Torneo das Seis Nacións, trala ampliación deste.

No 2005 Romanía foi situada na segunda división do Rugby Mundial pola IRB, e no 2006 atinxiu a Copa de Europa por diante de Xeorxia, coa que empatou a puntos.

Na clasificación para a Copa do Mundo de 2007, Romanía venceu a Xeorxia en Bucarest (20-8) e a España en Madrid (43-20) para lograr o billete para a fase final.

Na Copa do Mundo de Rugby 2007, Romanía quedou encadrada no grupo C coas seleccións de Portugal, Nova Zelandia, Italia e Escocia. Conseguiu unha vitoria fronte a Portugal por 14-10, con todo perdeu nos seus outros tres partidos fronte a Nova Zelandia (85-8), Italia (47-18) e Escocia (42-0) polo que ocupou a cuarta posición do grupo (só por diante de Portugal) e quedou eliminada.

Rexistros

[editar | editar a fonte]

Copa do Mundo

[editar | editar a fonte]
Romanía contra Escocia no 2006.
Edición Organizador Posto
1987 Nova Zelandia e Australia Australia Fase de grupos
1991 Inglaterra Inglaterra[1] Fase de grupos
1995 Suráfrica Fase de grupos
1999 Gales Gales[2] Fase de grupos
2003 Australia Fase de grupos
2007 Francia Francia[3] Fase de grupos
2011 Nova Zelandia Fase de grupos
2015 Inglaterra Inglaterra[4] Fase de grupos
2019 Xapón Xapón Descalificada

Copa de Europa

[editar | editar a fonte]
Ano(s) PJ PG PE PP +/- Pts Pos
2000 4 4 0 0 120-39 12
2001 5 4 0 1 152-143 13
2001-02 10 9 0 1 373-148 28
2003-04 10 8 0 2 320-123 26
2004-06 10 8 0 2 294 26
2006-08 10 6 0 4 144-133 22
2009 5 2 0 3 104-88 9
2010 5 4 1 0 178-48 14
2011 5 3 0 2 166-69 16
2012 5 3 0 2 136-39 16
2013 5 4 1 0 114-65 19
2014 5 4 0 1 128-41 19
2015 5 3 0 2 131-99 15
  1. coa asistencia de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
  2. coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
  3. coa asistencia de País de Gales e Escocia
  4. coa asistencia do Gales

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]