Selección feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia
Federación |
---|
Suomen jääkiekkoliitto |
Seleccionador |
Pasi Mustonen, 2015- |
Uniforme |
Último título |
Máis partidos |
Karoliina Rantamäki: 431 |
Máis puntos |
Riikka Sallinen: 351 |
Clasificación IIHF |
3 |
Estrea internacional |
Finlandia 6–0 Noruega (Copenhague, Dinamarca; 26 de decembro de 1988) |
Maior vitoria |
Finlandia 34–0 Checoslovaquia (Düsseldorf, Alemaña Occidental; 4 de abril de 1989) |
Maior derrota |
Canadá 15–0 Finlandia (St. John's, Canadá; 12 de outubro de 2010) |
Resultados Olímpicos |
bronce: 4 |
Resultados no Campionado do Mundo |
prata: 1 bronce: 13 |
A selección feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia é o equipo que representa a Finlandia nas competicións internacionais de hóckey sobre xeo en categoría feminina. En 2022, a IIHF publicou a clasificación mundial de seleccións, na que Finlandia ocupou o terceiro posto por detrás das seleccións de Canadá e os Estados Unidos.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo nacional femenino de Finlandia debutou en 1988 durante a Copa Nórdica, e ata 1995 gañou a meirande parte dos partidos que disputou, algúns deles con amplas diferenzas.[2] Tan só un ano despois o equipo debutaba na primeira edición do Campionato de Europa,[3] onde o cadro finlandés estivo encadrado no grupo B xunto coa Repúblca Federal Alemá, Dinamarca e Checoslovaquia. Logo da goleada no primeiro partido fronte a Checoslovaquia por 34-0 (12-0,12-0,10-0), as xogadoras finlandesas gañaron con comodidade os outros dous partidos da fase de grupos, clasificándose deste xeito para as semifinais, onde derrotaron a Noruega (9-1), e finalmente a Suecia para facerse co seu primeiro título a nivel continental.[4] Este primeiro equipo finlandés estaba integrado polas porteiras Kati Ahonen e Liisa-Maria Sneck, e polas patinadoras Katri Javanainen, Tiia Reima, Päivi Halonen, Anne Haanpää, Sari Krooks, Marianne Sulen, Jaana Rautavuoma, Johanna Ikonen, Riika Nieminen, Marianne Ihalainen, Sari Fisk, Ulla Saarikko, Katri Luomajoki, Maria Novitsky, Liisa Karikoski e Jaana Peltonen.[5]
Aínda que o primeiro torneo feminino se xogara xa en 1987 en Nova York e Mississauga (Canadá), non foi ata tres anos despois, en 1990, cando se celebrou o primeiro Campionato do Mundo en Otava (Canadá).[6]
Capitás
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos
[editar | editar a fonte]O hóckey sobre xeo feminino foi introducido nos Xogos Olímpicos de Inverno en 1998. O equipo feminino de Finlandia ten participado en todas as ocasións e catro xogadoras exerceron como capitás, a primeira delas foi Marianne Ihalainen en Nagano 1998, mentres que a xogadora que máis veces luciu o "C" na súa camisola foi Jenni Hiirikoski cun total de tres edicións (2014, 2018 e 2022):[7]
Nome(s) | Edición | Sede | Resultado |
---|---|---|---|
Marianne Ihalainen | 1998 | Nagano | bronce |
Sari Fisk | 2002 | Salt Lake City | 4º |
Sari Fisk | 2006 | Turín | 4º |
Emma Laaksonen | 2010 | Vancouver | bronce |
Jenni Hiirikoski | 2014 | Sochi | 5º |
Jenni Hiirikoski | 2018 | Pyeongchang | bronce |
Jenni Hiirikoski | 2022 | Pequín | bronce |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "WORLD RANKING" (en inglés). IIHF. Consultado o 7 de maio de 2022.
- ↑ "Suomen naisten jääkiekkomaajoukkue – Naisleijonat" (en finés). suoimikiekko.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2021. Consultado o 7 de maio de 2022.
- ↑ "Suomi-kiekon historia pähkinänkuoressa" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2022. Consultado o 7 de maio de 2022.
- ↑ "Championnats d'Europe féminins 1989". passionhockey.com.
- ↑ "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 7 de maio de 2022.
- ↑ "NAISKIEKON HISTORIAA..." (en finés). whockey.com. Consultado o 7 de maio de 2022.
- ↑ Mennander, Pasi (1 de febreiro de 2022). "Hiirikoski kolmannen kerran olympiakapteeni – Naisleijonien C:t kautta aikojen" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Consultado o 5 de maio de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selección feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |