Saltar ao contido

Selectividade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O exame de selectividade é unha proba escrita que realizan os estudantes que desexan acceder a estudos universitarios nas universidades públicas e privadas de España. Este exame forma parte das Probas de Acceso a Estudos Universitarios (PAU ou PAAU), nos que, ademais da selectividade, computan os dous cursos de Bacharelato.

O exame faise na universidade máis próxima á residencia do alumno, xeralmente durante tres días de mediados de xuño na convocatoria ordinaria, e de setembro na extraordinaria, á que o alumno pode presentarse no caso de non superar a primeira ou no caso de querer subir nota. Dependendo da nota media obtida nas PAU e a media de bacharelato (40% e 60% respectivamente), o alumno poderá escoller a carreira universitaria que queira cursar (a maior nota, maior prioridade para escoller unha carreira) desde que ambas superen o 4 e a media resultante supere o 5 sobre 10: así, a nota de corte é a nota mínima que se emprega como límite para acceder a unha carreira determinada antes de que se ocupen tódalas prazas ofertadas. Esta nota varía cada ano e dunha universidade a outra.

Estrutura anterior a 2010

[editar | editar a fonte]
Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

O exame constaba de, coma mínimo, seis probas escritas. Tres delas eran comúns a tódolos alumnos do país: Lingua castelá e Literatura, Lingua estranxeira e Historia da Filosofía ou Historia). As outras tres probas eran das materias propias da modalidade de Bacharelato escollida polo alumno. Nas comunidades autónomas onde hai linguas co-oficiais, facíase tamén unha proba da segunda lingua oficial e da súa literatura correspondente.

Estrutura actual

[editar | editar a fonte]

No curso 2009/2010, implantouse un novo modelo de proba para acceder á universidade, que consta de 2 partes:

  • Común: consta de 4 exercicios (5 se a comunidade autónoma ten lingua cooficial), que son:
  1. Lingua estranxeira (inglés, francés, italiano, portugués ou alemán).
  2. A escoller entre: Historia de España ou Historia da Filosofía.
  3. Lingua castelá e Literatura.
  4. Lingua cooficial (se existe).
  5. Unha materia de modalidade de segundo de Bacharelato (que se cursara ou non é irrelevante).
  • Específica: serve para subir a nota ata un máximo de 4 puntos; segundo a rama escollida en Bacharelato e a futura carreira, ha sumar os parámetros de ponderación de 0,1 ou 0,2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]