Saltar ao contido

Selyf ap Cynan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSelyf ap Cynan
Biografía
Nacementoc. 586 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte613 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosDona, Manwgan ap Selyf Editar o valor en Wikidata
PaiCynan Garwyn Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Ap_Cynan-8

Selyf ap Cynan (ou Selyf Sarffgadau) (morto en 616) aparece na xenealoxías galesas antigas como un antigo rei de Powys no século VII e como fillo de Cynan Garwyn.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu nome é a forma galesa de Salomón, e aparece nas antigas xenealoxías como Selim. O seu alcume era Sarffgadau, que significa serpente de batalla.

Segundo os Anais do Ulster e os Anais galeses, en 616 morreu na Batalla de Chester, loitando contra Æthelfrith de Northumbria. Os Anais do Ulster chámano Rei dos britanos, se cadra porque guiaba unha forza combinada de máis dun reino britónico na batalla contra os do reino de Northumbria (o rei de Gwynedd, Iago ap Beli, tamén morreu nela segundo os Anais galeses).

Na tradición das Tríades galesas, aparece Arofan como o seu bardo de corte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kari Maund (2000) The Welsh Kings: The Medieval Rulers of Wales (Tempus)
Rei de Powys

Segue a:
Cynan Garwyn
Selyf ap Cynan
(-616)

Precede a:
Manwgan ap Selyf