Saltar ao contido

Sergipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSergipe
Imaxe

HimnoHino de Sergipe (pt) Traducir (1836) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°36′S 37°24′O / -10.6, -37.4
EstadoBrasil Editar o valor en Wikidata
CapitalAracaju Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.288.116 (2017) Editar o valor en Wikidata (103,77 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie22.050,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude223 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1889 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivosecretariado do governo de Sergipe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor en WikidataBelivaldo Chagas Silva (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa de Sergipe (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 24) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49000-000 e 49990-000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2BR-SE Editar o valor en Wikidata

Páxina webse.gov.br Editar o valor en Wikidata

Sergipe é o máis pequeno dos vinte e sete Estados do Brasil. Atópase na Rexión Nordeste e ten como límites Alagoas ao norte, o océano Atlántico ao leste e Baía ao sur e ao oeste. Ocupa unha área de 22.050,4 km², sendo un pouco máis extenso que Israel. A súa capital e cidade máis populosa é Aracaju, sendo outras importantes cidades do Estado Lagarto, Itabaiana e Estância.

En 1575, os xesuítas intentaron colonizar as terras do actual estado de Sergipe, pero soamente en 1590 os indíxenas foron derrotados definitivamente por Cristóvão de Barros, fundador do forte e da freguesía de São Cristóvão. Entre 1637 e 1645, a rexión estivo baixo o dominio dos holandeses, período no cal a súa economía foi bastante prexudicada. Coa recuperación das terras polos portugueses, desenvolveuse a cultura de cana de azucre e a gandería.

En 1820 fíxose unha capitanía autónoma, separada de Baía. Coa independencia do Brasil, Sergipe foi transformado en provincia do Imperio. Durante o século XIX, as plantacións de algodón pasaron a ter importante papel na economía. En 1855, a capital foi transferida de São Cristóvão ao pobo de Aracaju. Na segunda metade do século XX, os escritores Tobias Barreto e Sílvio Romero proxectaron o estado no panorama cultural do país.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Tal como case todos os estados da Nordeste, o interior do estado de Sergipe está case totalmente cuberto pola caatinga, a vexetación do semiárido brasileiro. O litoral é caracterizado pola presenza de mangleirais e praias de area. Unha pequena extensión de selva tropical acompaña partes da costa. O Río São Francisco forma o límite norte do estado e recibe as augas de parte dos ríos do norte e leste do estado.

A metade sur do estado é drenada por pequenos ríos que desaugan directamente no océano Atlántico. O máis extenso é o río Irapiranga (tamén chamado río Vaza-Barrís). Outros ríos importantes son o Sergipe, o Japaratuba, o Piauí e o Real. Aproximadamente o 85% do territorio están por baixo dos 300 m de altitude, con predominio de terras planas ou pouco onduladas. O clima é tropical, máis húmido próximo ó litoral e semiárido no sertão.

Economía

[editar | editar a fonte]
O centro de Aracaju.

A economía de Sergipe baséase principalmente no cultivo de cana de azucre. As súas extensas plantacións, beneficiadas por un chan fértil, producen máis de 1,4 millón de toneladas de azucre por ano. Ao contrario de moitos estados brasileiros, a creación de gando non é moi importante.

Ademais da cana, son cultivados a mandioca (617.400 t por ano), a laranxa (14,4 millóns de froitos) e o coco. O zume de laranxa representa uns 60% das exportacións do estado. A extracción de sal mariña tamén é importante, e tamén existe unha pequena industria de artefactos de coiro. O goberno brasileiro ampliou a explotación de petróleo e gas natural no estado.

Destácanse no turismo a capital, Aracaju, e a veciña Barra dos Coqueiros, coas súas praias, e a cidade histórica de São Cristóvão.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]