Saltar ao contido

Shane Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShane Williams

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Swansea, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónYsgol Dyffryn Aman Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso77 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby, futbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaGales Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoWinger (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Barbarian FC
British and Irish Lions
1998–2003 Neath RFC 129(612)
2000–2011 Gales (290)
2003–2012 Ospreys
2012– Ricoh Black Rams Tokyo
Premios
Shane Williams coa camisola de Ospreys

Shane Williams, nado o 26 de febreiro de 1977 en Swansea, é un xogador galés de rugby. Xoga na posición de á, aínda que tamén ten xogado de medio de melé, xoga no Ospreys da liga celta dende o 2003, e tamén é titular na selección de rugby de Gales.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a súa infancia xogou varios anos a fútbol como porteiro, xa que era considerado demasiado pequeno para xogar ó rugby. A súa primeira oportunidade no rugby chegoulle tras un amigable ó cal foi invitado e no que marcou 5 ensaios. Firmou por un club pequeno que facía a función de canteira do Llanelli RFC, para xogar de medio de melé suplente. O Neath RFC contratouno profesionalmente en 1998, e o seu adestrador entendeu que coa súa velocidade tiña que xogar de á pola dereita.

Cando o rugby galés se provincializou para concentrar o seu potencial en só 4 equipos profesionais, os dous potentes equipos da rexión, Neath RFC e Swansea RFC, uniron as súas forzas para que xordese o Ospreys en 2003, ano dende o cal Shane Williams forma parte do club.

A pesar de medir só 1,70 m, fixo méritos abondo para debutar no ano 2000 coa selección de rugby de Gales, coa cal ten anotado máis de 50 ensaios, o que o converte no máximo anotador de Gales e nun dos 3 máximos anotadores de ensaios da historia. Co XV do Dragón ten gañado tres veces o Torneo das Seis Nacións, nos anos 2005, 2008 e 2012, con actuacións brillantes e decisivas, sendo elixido mellor xogador do torneo no 2008. Ese ano, no partido fronte á Francia, anotou o seu ensaio número 41, co cal superaba a todos os demais anotadores da historia de Gales poñéndose de número 1. O seu pai apostara 10 anos antes a que o seu fillo lograría tal fazaña, e gañou 25.000 libras. No mundial de 2007 anotou 6 ensaios en 4 partidos, pero non foi abondo para que Gales chegase a cuartos de final.

Ademais de vestir a camisola de Gales, tamén vestiu a de British & Irish Lions nas xiras de 2005 por Nova Zelandia e 2009 por Suráfrica, anotando 2 ensaios.

Co seu equipo participa cada ano na liga celta contra os mellores equipos de Escocia, Gales, Irlanda e Italia, conseguindo saír campións nos anos 2005, 2007, 2010 e 2012. Tamén saíu campión da Copa Anglo-Galesa en 2008. Non obstante, en Europa non pasou nunca dos cuartos de final da Heineken Cup.

Rompe as liñas defensivas e anota ensaios de xeito doado. O seu xogo rápido, eléctrico e desequilibrante valeulle para ser nomeado mellor xogador do mundo en 2008 pola IRB.

Shane Williams anunciou a súa retirada tralo remate da tempada 2011-12.

  • (.......) - (1998) Amman United
  • (1998) - (2003) Neath RFC
  • (2003) - (2012) Ospreys

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]