Shekere
Aparencia
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
O shekere ou sekere é un instrumento de percusión africano, consistente nunha cabaza seca con doas enganchadas nunha rede que a recobre. Segundo a zona do continente denomínano de xeito diferente, como lilolo, axatse (en Ghana) ou chequere. É habitual o seu emprego na música hausa en Nixeria.
A forma da cabaza vai determinar o son do instrumento. Fabrícase secando a cabaza durante varios meses, para logo quitarlle a polpa e as sementes, e despois dunha lavadura, pintarse e colocarlle as doas. Tócase tanto sacudíndoo como golpeándoo coas mans.