Saltar ao contido

Silva, Pol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silva
Igrexa parroquial
ConcelloPol[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°08′44″N 7°21′54″O / 43.1456, -7.3649
Área5,52 km²
Poboación156 hab. (2020)
Densidade28,26 hab./km²
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Silva é unha parroquia do concello de Pol na provincia de Lugo. Segundo o IGE[2], en 2014 tiña 152 habitantes (73 homes e 79 mulleres).


Teñen especial vinculación con Silva os lugares de Cuenza, O Bento (desaparecido no século XX), A Rigueira, Gargallán, e A Carreira Blanca (Sitieles), que administrativamente pertencen a Castro de Rei (son os chamados Medianeiros). Medianeiros que tamén se poden incluír en Santa Mariña de Ramil-Castro de Rei.

Houbo muíño en Gargallán no lugar de Muíño Albeiro -no río Azúmara- e outros mais antigos dos cales non quedan restos (A Rigueira -no Rego de Doncide-, A casa do Muíño de Gargallán -no río Azúmara-)

No occidente da parroquia de Silva, o monte de Andraíde convoca na parte máis alta (592 metros) os termos municipais de Pol e Castro de Rei, arriba da paraxe das Louseiras.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O río Azúmara (Congostro ou Pontedá) percorre a parroquia procedente de Mosteiro e o río Pol (Silva ou Ribeiro) con destino ao río Miño. O rego de Doncide desemboca no Azúmara por Cuenza-Pontedá.

Monumentos e lugares de interese

[editar | editar a fonte]

San Brais (3 de febreiro), Santiago (25 de xullo), Nosa Señora do Rosario (7 de outubro -2º domingo de outono-).

Orixe do apelido Silva

[editar | editar a fonte]

Paio Froila, señor de Silva, casou cunha filla de Vermudo II (982-999), dando orixe a catorce casas nobiliarias repartidas por toda a Península.

Unha Filla de Paio Froila, neta do Rei Vermudo II de León, estando próxima a morrer deu testamento en 1058, na cidade de León (capital do reino) nomeando testamenteiro ao bispo galego Alvito de Mondoñedo, bispo da cidade. Este santo Alvito foi restaurador da igrexa de Cirio en Pol, sendo "o presbítero Aloitus". Da "nobilisima señora dona Fronilde" quedou en hebreo un documento de compra que fixo en León a Josef bar Joab Escapat, o xoves día 20 do mes Marhesvan do ano 814 (4 de novembro de 1053).

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Silva

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Silva no concello de Pol (Lugo)

Andión | O Barreiro | Bouzoá | Doncide | Eiras | Fonfría | Granda | O Outeiro | Porto de Eira | Ventín | Vilavella

Parroquias de Pol

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pol

Arcos de Frades (Santiago) | Caraño (San Martiño) | Carazo (San Pedro) | Cirio (Santa María) | Ferreiros (Santo André) | Fraialde (Santa María) | Gondel (San Cosme) | Hermunde (San Pedro) | Lea (San Bartolomeu) | Luaces (Santa María) | Milleirós (Santiago) | Mosteiro (San Salvador) | Pol (Santo Estevo) | San Martín de Lúa (San Martín) | San Martiño de Ferreiros (San Martiño) | Silva (Santiago) | Suegos (Santa Eulalia) | Torneiros (San Lourenzo) | Valonga (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]