Simindis k'undzuli
Simindis k'undzuli | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | სიმინდის კუნძული |
Director | Giorgi Ovashvili |
Produtor | Guillaume de Seille Nino Devdariani Sain Gabdullin Eike Goreczka Christoph Kukula George Ovashvili Karla Stojáková |
Guión | Giorgi Ovashvili Roelof Jan Minneboo Nugzar Shataidze |
Intérpretes | İlyas Salman |
Música | Ioseb Bardanashvili |
Fotografía | Elemér Ragályi |
Montaxe | Sun-min Kim |
Estrea | Festival de Karlovy Vary: 9 de xullo de 2014 17 de setembro de 2014 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Xeorxia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Simindis k'undzuli (en xeorxiano: სიმინდის კუნძული) é un filme de 2014 dirixido por Giorgi Ovashvili.
Sinopse
[editar | editar a fonte]As inundacións de primavera forman unha pequena illa con rico solo no medio do río Enguri, unha terra nova sen propietario. Un vello, axudado pola súa neta adolescente orfa, toma posesión da illa, constrúe unha sinxela cabana e planta millo. Son de etnia abkhaza e intercambian acenos con soldados xeorxianos que pasan. O vello agocha un soldado ferido que se refuxia na illa e protéxeo dos seus perseguidores durante un tempo. A finais do verán, as inundacións destrúen a illa.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- İlyas Salman como Home vello
- Mariam Buturishvili como rapaza
Estrea
[editar | editar a fonte]O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary en xullo de 2014,[1] onde gañou o Globo de Cristal,[2] así como o premio do Xurado Ecuménico.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Foi elixido como candidato xeorxiano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios,[3] conseguindo clasificarse na lista curta de xaneiro.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Release info on IMDb
- ↑ Hollywood Reporter (ed.). "Karlovy Vary: Georgian Film 'Corn Island' Nabs Top Prize". Consultado o 5 de setembro de 2014.
- ↑ Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Georgia Nominates 'Corn Island' in Foreign-Language Category". Consultado o 5 de setembro de 2014.
- ↑ AMPAS (ed.). "9 Foreign Language Films Advance in Oscar Race". Consultado o 19 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Xeorxia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Simindis k'undzuli na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)