Soil Moisture Active Passive
Soil Moisture Active Passive / SMAP | |
---|---|
SMAP | |
Tipo | Científico |
Fabricante | JPL |
Organización | JPL |
Data de lanzamento | 31 de xaneiro de 2015, 14:22 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7320[1][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[1][6] |
Obxectivo da misión | Medición da humidade terrestre.[1][6] |
NSSDC ID | 2015-003A |
Masa | 944 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7060 km[2] |
Inclinación | 98,1º[2] |
Apoapse | 690,7 km[2] |
Periapse | 688,4 km[2] |
Soil Moisture Active Passive ou SMAP é un satélite artificial do JPL da NASA lanzado o 31 de xaneiro de 2015 a bordo dun Delta 730 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][6][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de SMAP é estudar a humidade do solo da Terra mediante un radiómetro e radar. As medicións de humidade son necesarias para mellorar e comprender os ciclos do auga rexionais, a produtividade dos ecosistemas e a relación entre os ciclos da auga, do carbono e da enerxía na biosfera terrestre. Ademais as medicións de alta resolución da humidade melloran a precisión dos prognósticos meteorolóxicos, as previsións de inundacións e axudan na mellora da produtividade agrícola.[1][6][5]
SMAP leva a bordo un radiómetro e un radar en banda L cun reflector de 6 m de diámetro cunha resolución de entre 1 e 3 km. O 7 de xullo de 2015 unha avaría no radar deixouno fóra de servizo, polo que o satélite só obtén datos co radiómetro.[1][6][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (27 de abril de 2021). "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2021). "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021.
- ↑ "Note verbale dated 18 December 2015 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (16-00587 (E)). 3 de febreiro de 2016: 2. Consultado o 26 de maio de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2021). "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soil Moisture Active Passive |