Saltar ao contido

Soneira Sociedade Deportiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soneira
NomeSoneira Sociedade Deportiva
Fundación29 de marzo de 1966 (58 anos)
I reaparición en 1978
II reaparición en 1995
EstadioCampo Municipal de Fútbol de Vimianzo
Vimianzo, A Coruña Galicia
Inauguración1966
Capacidade1.800
PresidenteGalicia José Antonio Espasandín Trillo
AdestradorGalicia Manuel Leis
Liga1ª Autonómica – Grupo 2
2016–1718º (Preferente – Grupo Norte)
PatrocinadorConcello de Vimianzo
Na rede
https://www.facebook.com/SoneiraSD
Titular
Alternativo

O Soneira Sociedade Deportiva é un equipo galego de fútbol da vila de Vimianzo, refundado en distintas ocasións, a última en 1995. Na actualidade xoga no Grupo 2 de Primeira Autonómica de Galicia.

I Etapa: 1966-1970

[editar | editar a fonte]

As persoas clave na creación del equipo foron:

  • Manuel Antelo Varela: na década de 1960 era alcalde de Vimianzo. Baixo o seu mandato se adquiriron os terreos do campo de fútbol, que desde entón é patrimonio municipal.
  • José Luis Mouzo Rial: desde o primeiro momento asumiu a responsabilidade de dirixir e controlar as obras do terreo de xogo.

O 29 de marzo de 1966 na asemblea convocada pola comisión xestora encargada da constitución da Sociedad Club Soneira de Educación y Descanso saíu elixido presidente Manuel Antelo Varela, converténdose no primeiro rexedor do club. Sería substituído logo por José María Pose Romero, baixo a súa dirección o club acadaría en 1967 o primeiro título do equipo, a Liga da Costa. O último presidente deste período sería José Luis Mouzo Rial. Foron varios os directivos que axudaron a estes presidentes, Ricardo Queiro, Daniel Pose ou Paco Miñones, entre outros.

Os catro adestradores que dirixiron o equipo neste período foron Alejandro Lemus Noya (Perucho), Jesús Pereiro, Paco Miñones e Tito Luaces. Foron xogadores salientábeis Moli, Amador, Robusto, Luis Leis, Soto e Ramón Pastoriza. Tamén foi destacábel a polifacética labor que desenvolvía Manuel Duarte Alvite (Manolo do Chantaino): pintaba o terreo de xogo, colocaba a corda nos postes de cemento que rodeaban o recinto, limpaba os vestiarios, ... de el dependía todo o material deportivo como botas, uniforme, balóns, ... e nos desprazamentos levaba un enorme cesto de vime no que carrexaba todo ese material.

II Etapa: 1978-1990

[editar | editar a fonte]

Na temporada 1978-1979 reaparece de novo o equipo e asume a presidencia José Antonio Ameijeiras Ramos. Na seguinte temporada vaino dirixir José María Villar Costa, logo seguirían Jesús Manuel Roget Barrientos, Manuel Lavandeira Insua e Emilio Díaz Zapata. Tomou o relevo Manuel Rodríguez Lema (Manolo do Capitán) na temporada 1983-1984, na que o conxunto vimiancés se proclamou campión de novo da Liga da Costa. O seu mandato durou até a temporada 1988-1989, sendo relevado por Manuel Romero Lavandeira, que nada puido facer por evitar unha nova extinción polas dificultades para manter o equipo en competición.

Houbo directivos, como Antonio de Correos, Toñito Cundíns, Litos, Vitorio do Campo, Moncho do Zapateiro, Ricardo Vidal, Chucho da Marina o José Ramón do Caracas que traballaron arreo. Foron adestradores Chicho, Ernesto Rieiro, Manín, Celso Villar e Juan Cabrejo. Houbo xogadores sobresaíntes como Javier Antelo, Valiña, Anselmo, Nano, Pepiño Becerreiro e Ricardo Vía. Outros nomes importantes no club foran daquela Pachi de Baíñas (Pachanco), os utilleiros Moncho do Corcuso, Segundo Antelo e Jesús González (Chucho do Fidalgo).

III Etapa: 1995-actualidade

[editar | editar a fonte]

Regresou á competición na temporada 1995-1996, co Concello como impulsor. É elixido presidente José Manuel Pereira Méndez e comeza a temporada en Terceira Rexional e ascenso a Segunda. Ramiro empezou á fronte do temón e logo foi substituído por Soto. Seguiron Juan Luis Gómez Fernández (Jota) á fronte da directiva da temporada 1996-1997 á 2007-2008, aínda que curiosamente os tres primeiros meses desta última campaña sería presidente José Soto Fernández. Na súa traxectoria como mandatario, Jota contou nas súas xuntas reitoras con entusiastas colaboradores que o axudaron durante ese tempo, como Antonio de Correos, Pastoriza, Anselmo, Francisco Sar, Carlos Gómez, Javier, Teté, Pedro, Mayor, Manuel Oanes. E así lograron estabilizar o equipo durante todo o mandato e o Soneira foi campión da Liga da Costa na campaña 2004-2005 e campión da Liga da Costa de xuvenís 2006-2007. Periscal, Manolín, Sieso, Berto, Cambeiro, Lavandeira-Lareiras, Bardanca, novamente Manolín e Braulio comandaron o equipo estes anos. En xuvenís, Ramiro, Michel e Luciano foron os preparadores.

Juan Silva Jallas tomou el relevo na presidencia e conseguiu os títulos da Copa da Costa, nas temporadas 2008-2009 e 2010-2011. Manolito Leis e Miguel Fieira estiveron á fronte dos banquiños. Substituíuno no cargo Eulogio Andrade Souto, que puxo a Felipe Candamo e José Ángel de preparadores.

En 2016 era presidente José Antonio Espasandín Trillo que, xusto o ano do 50 aniversario (celebrado o sábado 28 de maio de 2016 ), conseguiu o título de campión de Primeira Autonómica. Recuperou a Manolito Leis, que substituiría a José Ángel na anterior temporada. Míchel, Ramiro, Pastoriza, Lareiras, Manolito Leis, Manuel Ángel, Fernando, Alberto Vía e Richi son os xogadores destacados deste período.

Cadro histórico

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto Liga da Costa Copa da Costa Presidente Adestrador
1965/66 Manuel Antelo Varela Alejandro Lemus Noya "Perucho"
1966/67 Campión José María Pose Romero
  1. Jesús Pereiro Betanzos
  2. Alejandro Lemus Noya "Perucho"
1967/68 José María Pose Romero Francisco Miñones Trillo
1968/69 José María Pose Romero Francisco Miñones Trillo
1969/70 José Luis Mouzo Rial Sen adestrador fixo
Fóra das competicións
1978/79 José Antonio Ameijeiras Ramos
  1. Chicho
  2. Ernesto Riero
  3. Manín
  4. Celso Villar
  5. Juan Cabrejo
1979/80 José María Villar Costa
1980/81 Jesús Manuel Roget Barrientos
1981/82 Manuel Lavandeira Ínsua
1982/83 Emilio Díaz Zapata
1983/84 Campión Manuel Rodríguez Lema
1984/85 Manuel Rodríguez Lema
1985/86 Manuel Rodríguez Lema
1986/87 Manuel Rodríguez Lema
1987/88 Manuel Rodríguez Lema
1988/89 Manuel Romero Lavandeira
Fóra das competicións
1995/96 3ª Rexional José Manuel Pereira Méndez
  1. Ramiro
  2. Soto
1996/97 2ª Rexional Juan Luis Gómez Fernández Periscal
1997/98 Juan Luis Gómez Fernández Periscal
1998/99 Juan Luis Gómez Fernández Manuel Oliveira Gómez "Manolín"
1999/00 Juan Luis Gómez Fernández Sieso
2000/01 Juan Luis Gómez Fernández Sieso
2001/02 2ª Rexional Juan Luis Gómez Fernández
  1. Alberto Suárez Fuertes "Berto"
  2. Alfredo Cambeiro
2002/03 Juan Luis Gómez Fernández Alfredo Cambeiro
2003/04 Juan Luis Gómez Fernández Javier Bardanca
2004/05 Campión Juan Luis Gómez Fernández Manuel Oliveira Gómez "Manolín"
2005/06 Juan Luis Gómez Fernández Manuel Oliveira Gómez "Manolín"
2006/07 Juan Luis Gómez Fernández Alfredo Cambeiro
2007/08 Juan Luis Gómez Fernández Braulio Vázquez Benítez
2008/09 Campión Juan Silva Jallas Manuel Leis Maceiras
2009/10 1ª Autonómica Juan Silva Jallas Manuel Leis Maceiras
2010/11 Preferente Campión Juan Silva Jallas Manuel Leis Maceiras
2011/12 Preferente 13º Juan Silva Jallas Manuel Leis Maceiras
2012/13 Preferente Eulogio Andrade Felipe Candamo
2013/14 Preferente
  1. Manuel Leis Maceiras
  2. Fran Urroa
2014/15 1ª Autonómica José Ángel
2015/16 1ª Autonómica José Antonio Espasandín Trillo Manuel Leis Maceiras
2016/17 Preferente 17º Manuel Leis Maceiras
2017/18 1ª Autonómica

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]