Saltar ao contido

Spitsbergen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSpitsbergen
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deSvalbard Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaSvalbard Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaSvalbard, Noruega Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 78°45′N 16°00′L / 78.75, 16
Bañado porMar de Groenlandia Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.713 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoNewtontoppen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.713 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie39.044 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456790

Spitsbergen (anteriormente coñecida como Spitsbergen Oeste) é a maior illa no arquipélago de Svalbard, situado no océano Ártico.

Características e localización

[editar | editar a fonte]

A illa de Spitsbergen ten unha superficie aproximada de 39,044 km², aínda que varias referencias citan pequenas diferenzas de tamaño. Este nome foi antigamente aplicado tamén ao arquipélago completo de Svalbard e aínda o é ocasionalmente. A illa ten aproximadamente 450 km de lonxitude e entre 40 e 225 km de anchura. Debido a que Spitsbergen sitúase enteiramente dentro do círculo polar ártico, é tamén un dos lugares onde, en xuño o sol brilla durante as 24 horas do día.

O nome Spitsbergen significa "picos escarpados" e foille dado polo explorador neerlandés Willem Barents, o cal descubriu a illa mentres exploraba en busca do Paso do Nordés en 1596. Porén, o arquipélago pode ser coñecido polos cazadores Pomor rusos axiña que como nos séculos XIV ou XV, aínda que non se dispón de evidencias sólidas antes do século XVIII. Eles pensaron que a terra descuberta era parte de Groenlandia e, por iso, bautizárona como Grumant (Грумант). O arquipélago puido tamén ser descuberto polos Viquingos en 1194. O nome Svalbard menciónase por primeira vez nas sagas islandesas dos séculos X e XI, pero tamén pode referirse á illa de Jan Mayen ou ata Groenlandia.

Spitsbergen é unha das tres illas habitadas do arquipélago, e, de acordo cos termos do Tratado de Svalbard, os cidadáns de calquera dos países asinantes poden instalarse no arquipélago. Actualmente, só Noruega e Rusia exercen este dereito.

O maior asentamento en Spitsbergen é a cidade norueguesa de Longyearbyen, mentres que o segundo maior é o da mina de carbón de Barentsburg (a cal foi vendida por Holanda en 1932 á compañía soviética Arktikugol). Outros poboamentos da illa inclúen as antigas comunidades mineiras de Grumantbyen e Pyramiden (abandonadas en 1961 e 1998, respectivamente), unha base de investigación Polaca en Hornsundet, e a remota poboación de Ny no extremo norte.

As antigas expedicións baleeiras en Svalbard adoitaban, debido ás correntes e á fauna a agruparse ao redor do oeste de Spitsbergen e as illas próximas á costa.

Kvadehuksletta, ao oeste da illa Spitsbergen, é notable polas súas estruturas de pedra únicas, incluíndo pedras moi circulares e de patróns labirínticos. Crese que estas estruturas foron formadas polo peso do xeo.

A illa de Edgeøxa ao suroeste de Spitsbergen é unha illa deshabitada que constitúe unha reserva natural, fogar do oso polar e o reno.

A illa foi ocupada polo exército en 1941 para previr a ocupación alemá das illas. O Reino Unido e o Canadá enviaron forzas militares para destruír as instalacións e previr a ocupación.

O Banco de sementes noruegués (ou Bóveda de Sementes de Svalbard )

[editar | editar a fonte]
Xeografía de Spitsbergen

En 2007, o estado noruegués xunto á Asociación Global para a Diversidade iniciou a construción dunha "arca do xuízo final" en túneles practicados dentro dunha montaña próxima a Longyearbyen por un custo de 3 millóns de dólares O$D na illa que protexerá polo menos 10.000 clases de sementes no caso dunha guerra nuclear ou un cambio súbito nas condicións climatolóxicas actuais.[1] O goberno noruegués construiría este banco de sementes escavando unha cavidade en Spitsbergen e despois pondo tantas sementes como puidese dentro con apoio de todos os países do mundo. Este proposto banco tería seguridade máxima, portas a proba de explosión e a atmosfera selada. A cantidade de sementes depositadas dependería do número de países participantes no proxecto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]