Statistics Canada
Aparencia
Statistics Canada (en francés Statistique Canada) (SC) é a axencia do Goberno federal canadense encargada de recoller e compilar datos estatísticos sobre o Canadá e os canadenses.
Entre outras responsabilidades, Statistics Canada ocúpase do censo xeral que ten lugar cada cinco anos, no primeiro e sexto ano dunha década. O próximo censo será en 2011 e será o segundo no que se poderá utilizar Internet para encher os cuestionarios.
Para os lugares, Statistics Canada ten unha terminoloxía ben definida. Por exemplo, a palabra parroquia designa algúns territorios rurais do Quebec e de Novo Brunswick, e cantón designa os townships do leste do Quebec.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de Statistics Canada (en inglés e francés)
- Statistics Canada: Censos Arquivado 10 de outubro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)