Saltar ao contido

Stephanie Gilmore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStephanie Gilmore

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Stephanie Louise Gilmore Editar o valor en Wikidata
29 de xaneiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Murwillumbah, Australia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsurfista Editar o valor en Wikidata
DeporteSurf Editar o valor en Wikidata
Participou en
xullo de 2021Surfe nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Feminino (pt) Traducir (9ª) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2964817 Facebook: stephaniegilmoreofficialpage Twitter: steph_gilmore Instagram: stephaniegilmore Musicbrainz: f23bf49f-c4d0-4c93-9626-0c9d7a499f04 Editar o valor en Wikidata

Stephanie Louise Gilmore, nada en Murwillumbah (Nova Gales do Sur) o 29 de xaneiro de 1988, é unha surfista profesional australiana, seis veces campioa do mundo femenina do ASP World Tour (2007, 2008, 2009, 2010, 2012 e 2014). Actualmente reside en Tweed Heads, Nova Gales do Sur.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse coma surfista aos 10 anos, cando practicaba bodyboard. Con 17 anos comezou a participar en eventos do tour mundial como convidada, obtendo unha vitoria no Roxy Pro Gold Coast 2005.

Na tempada seguinte gañou outro evento, o Havaianas Beachley Classic 2006. O éxito de Gilmore no WQS (World Qualifying Series) tour clasificouna para disputar no 2007 o ASP World Tour feminino e non decepcionou, gañou catro dos oito eventos nos que participou e conseguiu o Título Mundial ese mesmo ano. Repetiu éxito nos anos 2008, 2009, 2010, 2012 e 2014.

Gilmore tamén gañou a primeira edición da Swatch Girls Pro France no 2010. Ese mesmo ano foi incluída no Salón da Fama do Surf e gañou o Premio Laureus á Mellor deportista de deportes alternativos do ano.

Apareceu espida no ESPN's 2011 Body Issue.

Gilmore tamén está na xunta de asesores (the Ocean Advocacy Advisory Board) da organización de conservación mariña Sea Shepherd Conservation Society.

Título Mundial 2007

[editar | editar a fonte]

Aínda que a tempada de 2007 foi o ano de debut de Gilmore, acadou o Título Mundial Foster's ASP feminino. Gañou tres eventos ese ano entrando no evento final, o Billabong Pro Maui, gañandoo tamén.

O título fíxoa chegar ó evento final da tempada, o Billabong Pro Maui. Ela gañou tres eventos no 2007 para entrar no Billabong Pro Maui, e incluso ocupou o primeiro posto na final, por diante da ex-campioa do mundo Sofia Mulanovich e Silvana Lima.