Saltar ao contido

Stralsund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaStralsund
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°18′33″N 13°04′55″L / 54.3092, 13.0819
EstadoAlemaña
Estado federadoMecklemburgo-Antepomerania
Distrito ruralVorpommern-Rügen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación59.450 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.098,08 hab./km²)
Xeografía
Superficie54,14 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1234 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1628Siege of Stralsund (en) Traducir
11 de outubro de 1678Siege of Stralsund, 1678 (en) Traducir
7 de setembro de 1711Siege of Stralsund (en) Traducir
maio de 1712Siege of Stralsund (en) Traducir
12 de xullo de 1715Siege of Stralsund (en) Traducir
24 de agosto de 1807Batalha de Stralsund (1807) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAlexander Badrow (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal18435, 18437 e 18439 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico03831 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE805 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán13073088 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webstralsund.de Editar o valor en Wikidata

Stralsund é unha cidade hanseática pertencente o Estado federado de Mecklemburgo-Antepomerania, situada na costa norte de Alemaña.

Situada á beira do mar Báltico, está separada pola illa de Rügen do continente. Dúas pontes e varios ferrys conectan Stralsund cos portos de Rügen.

Tiña ao redor de 57 357 habitantes en 2012.

A cidade foi fundada no século XIII por colonos eslavos procedentes de Rügen.

Durante os anos seguintes chegaron comerciantes alemáns e a cidade comezou a prosperar. Isto molestou á poderosa cidade de Lübeck, a cal incendiou Stralsund en 1249.

Máis tarde sería reconstruída e rodeada por unha sólida muralla con 11 portas e 30 torres de vixilancia.

En 1293 Stralsund converteuse en Membro da Liga Hanseática e, por conseguinte, aliada de Lübeck; 300 barcos surcarían o Báltico portando a bandeira de Stralsund no século XIV.

A rivalidade entre a Liga Hanseática e o reino de Dinamarca conduciu a unha guerra aberta que terminou co Tratado de Stralsund en 1370.

Durante o século XVII foi tamén un escenario da Guerra dos Trinta Anos. O xeneral Albrecht von Wallenstein sitiou a cidade en 1628, até que as tropas suecas chegaron en axuda da cidade e forzaron a súa retirada.

Tras a guerra, a Paz de Westfalia (1648) converteu a Pomerania Occidental na Pomerania sueca e a cidade permaneceu baixo dominio sueco até 1807, perdida tras o asedio de tropas napoleónicas e, despois do Congreso de Viena, en 1815 pasou a ser parte de Prusia.

Ao dividirse Alemaña tras o final da segunda guerra mundial, Stralsund quedou dentro da República Democrática Alemá (RDA).

Tras a caída do Muro de Berlín en 1989 e a reunificación alemá, a cidade integrouse na RFA e, por tanto, na Unión Europea.

Política

[editar | editar a fonte]

Stralsund constitúe un feudo electoral da Chanceler de Alemaña Angela Merkel, a primeira muller que exerce como xefe do goberno en Berlín desde 2005.[1]

Economía

[editar | editar a fonte]

Ao igual que o resto da ex-RDA, Stralsund tivo problemas para acoplarse ao sistema da RFA. Porén, a cidade destaca por ser unha das que mellor souberon adaptarse á Nova Economía aproveitando as constantes subvencións do goberno federal e da Unión Europea.

Porto de Stralsund e a nova ponte que une Stralsund coa illa de Rügen (a chamada Rügendamm).

Patrimonio cultural

[editar | editar a fonte]

Xunto coa cidade de Wismar foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002, no conxunto chamado Centros históricos de Stralsund e Wismar,[2] xustificándose porque Wismar e Stralsund eran os centros líderes da sección véndica da Liga Hanseática desde o século XIII ao XV e centros administrativos e de defensa principais no reino sueco dos séculos XVII e XVIII. Contribuíron ao desenvolvemento e á difusión das técnicas de construción en ladrillo e tipos de edificación, trazos característicos das cidades hanseáticas na rexión do Báltico, así como ao desenvolvemento de sistemas de defensa no período sueco.

Ademais, Stralsund e Wismar teñen unha importancia crucial no desenvolvemento das técnicas de construción e urbanismo que se fixeron típicos das cidades comerciais hanseáticas, ben documentadas nas principais igrexas parroquiais, o casa do concello de Stralsund e os tipos de edificios comerciaos como a Dielenhaus.[3] Protéxense dous lugares:

Código Zona Coordenadas
1067-001 Straslund 54°18′09″N 13°05′7″L / 54.30250, -13.08528
1067-002 Wismar 53°53′00″N 11°28′00″L / 53.88333, -11.46667
Monumentos máis importantes
[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de San Nicolao (1276), a máis antiga de Stralsund.
  • Igrexa de Santa María (1416), o maior templo da cidade.
  • Igrexa de Santiago (1303), destruída varias veces (unha delas polo xeneral Wallenstein e outra durante a segunda guerra mundial).
  • Mosteiro de Santa Catarina (século XIII), hoxe museo oceanográfico.
  • Casa do Concello de Stralsund (século XIII).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Panorámicas

[editar | editar a fonte]
Vista panorámica da cidade
Panorámica do porto
Outra vista do porto
  1. "Bush y Merkel: tiempo de flores y asados". Deutsche Welle 13-07-2006 (en español). 2006. Consultado o 01-08-2016. 
  2. "El romántico Rin, patrimonio de la humanidad". Deutsche Welle 27-06-2002 (en español). 2002. Consultado o 01-08-2016. 
  3. Traducido da páxina web da UNESCO

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]