Saltar ao contido

Suso Ínsua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSuso Ínsua
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata
Cee, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de novembro de 2010 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–1978 UC Cee
1978–1983   SD Compostela 132(14)
1983–1983 Cartagena Fútbol Club 2(0)
1983–1984   CD Logroñés 22(1)
1984–1985   Real Avilés 32(2)
1985–1988   Arousa SC 58(9)
1988–1989   Club Deportivo Arenteiro 15(2)
1989–1990 UC Cee
1990–1991 Noia Club de Fútbol
1991–1993 UC Cee
1995–1999 UC Cee

Jesús Ínsua Lago, máis coñecido como Suso Ínsua, nado en Cee en 1960 e finado na mesma vila o 18 de novembro de 2010, foi un futbolista galego, que xogaba como extremo dereito.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou xogando ao fútbol no equipo da súa vila natal, o Cee, e sendo xuvenil chegou a realizar unha proba co Real Madrid.[1][2] No verán de 1978 fichou polo Compostela, da Terceira división,[3] logrando o ascenso a Segunda B na súa segunda campaña. Disputou 144 partidos oficiais co club compostelán, no que militou ata marzo de 1983, momento no que fichou polo Cartagena por algo máis de 3 millóns de pesetas.[4] Disputou só catro partidos co club murciano ata final de tempada.

Para a 1983/84 asinou como novo xogador do Logroñés, que estaba adestrado polo galego Delfín Álvarez e no que coincidiu cos tamén galegos Noly, Rodolfo e Salvador. Disputou 28 encontros na súa única campaña no equipo rioxano, logrando o ascenso á Segunda División. Posteriormente militou no Avilés Industrial, no Arousa, no Arenteiro, no Noia (no que xogou xunto ao seu irmán Juanín),[5] no Carnota e na UC Cee. Está considerado como o mellor futbolista da historia do Cee.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Logo de retirarse do deporte, traballou como electricista. Casado con Margarita Sampedro,[6] tivo unha filla, e foi soterrado en Cee.[7]

  1. "Los 40 años del Cee". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 27 de abril de 2005. p. 12. 
  2. 2,0 2,1 "Tres jugadores del Unión Club fueron a realizar pruebas con el Real Madrid". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 27 de abril de 2005. p. 12. 
  3. "Viene dispuesto a ganar". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 23 de setembro de 1978. p. 35. 
  4. "Confirmado el traspaso de Insita ai Cartagena". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de marzo de 1983. p. 44. 
  5. "El delantero y ex jugador del Noia y del Carnota Suso Insua murió en su domicilio de Cee". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de novembro de 2010. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  6. "Fallece el ex jugador de la SD Suso Ínsua". El Correo Gallego (en castelán). 19 de novembro de 2010. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  7. Dolor en Cee por el fallecimiento de Suso Ínsua, ex jugador de la SD Arquivado 23 de novembro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 20/11/2010.