Suso Jares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 Viana do Bolo, España |
Morte | 2008 (52/53 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | pedagogo |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Xesús Rodríguez Jares, nado en Viana do Bolo en 1955 e finado en Vigo en 2008, foi un pedagogo, escritor e animador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, na facultade de Filosofía e ciencias da Educación a partir do ano 1976, onde foi alumno entre outros do Profesor Herminio Barreiro e do Profesor Antón Costa. onde participou do movemento estudantil antifranquista. En 1980 doutorouse nesta Universidade coa tese "Educación para a paz: fundamentos e modelos de intervención".
Como mestre en diversas escolas galegas concretáronse varias iniciativas vinculadas coa innovación pedagóxica e a Educación para a Paz, movemento do cal se considera iniciador en Galicia. En 1983, no marco de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, foi un dos creadores da asociación Educadores pola Paz, e introduciu a conmemoración do Día escolar da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro). Divulgou as liñas pedagóxicas e socioculturais que promove dende Educadores pola Paz ao resto do Estado, a Portugal e América Latina.
Impulsou e coordinou proxectos interdisciplinares como a triloxía Educación e Paz I, II e III. Abarca asemade outros campos de traballo como a organización democrática dos centros escolares, os dereitos humanos e Cidadanía e Convivencia, implicando ás administracións locais, como foi o caso de Aprender a Convivir (Vigo) e Vivir Xuntos, Convivir (Lugo). Foi Catedrático de Didáctica e Organización escolar na Universidade da Coruña.
Obra
[editar | editar a fonte]En galego
[editar | editar a fonte]- Técnicas e xogos cooperativos para tóda-las idades - A Coruña: Vía Láctea, D.L. 1989.
- Educación e dereitos humanos: estratexias didácticas e organizativas - Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1998.
- Aprender a convivir - Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2002.
- Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades - Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2005.
- Educación e Paz I, II e III- Vigo: Edicións Xerais de Galicia, D.L. 2008.
En castelán
[editar | editar a fonte]- Educación para la paz: su teoría, su práctica - Editorial Popular, 1991.
- El placer de jugar juntos: nuevas técnicas y juegos cooperativos - Editorial CCS, 1992.
- Educación para la paz: transversales - xunto a Inés Miret Bernal - Ministerio de Educación y Ciencia, 1992.
- Educación y derechos humanos: estrategias didácticas y organizativas - Editorial Popular, 1999.
- Pedagogía de la convivencia - Barcelona: Graó, 2006.
- Educación y conflicto: guía de educación para la convivencia - Editorial Popular, 2001.
- Educar para la paz en tiempos difíciles - Bilbao: Bakeaz, 2004.
- El placer de jugar juntos: técnicas y juegos cooperativos - Madrid: CCS, 2004.
- Educar para la verdad y la esperanza: en tiempos de globalización, guerra preventiva y terrorismos - Madrid: Editorial Popular, 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Suso Jares. Cidadán da República pola Paz (documental).
- Escola de Mediación Xesús R. Jares, no IES Carlos Casares de Viana do Bolo
- Suso Jares, ourive sensible, Faro de Vigo