Saltar ao contido

Tamarix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para ver a especie que adoita chamarse tamargueira véxase o artigo: tamargueira común.

O xénero Tamarix (tamargueiras) comprende 60 spp. de fanerógamas, da familia Tamaricaceae, nativas das áreas máis secas de Eurasia e África. En Galicia son pouco frecuentes.

Tamarix gallica a florecer.

Poden ser gamallos caducifolios ou perennifolios, ou pequenas árbores entre 1 e 15 m de altura, formando mestos arboredos ou matos. O máis grande, Tamarix aphylla, é unha árbore perenne que pode acadar 15 m de alto.

Xeralmente poden medrar en solos saliños, tolerando até 15.000 ppm de sal solúbel, e tolerar álcali.

Caracterízanse por pólas magras e follaxe cincenta verdosa. A casca das pólas novas é lisa e pardo avermellada. Cos anos, tórnase pardo púrpura e brugosa. As follas de 1 a 2 mm de lonxitude, solapadas unhas coas outras. Frecuentemente están incrustadas con secrecións de sal. As flores de rosas a brancas aparecen en mestas masas de 5 a 10 cm de lonxitude nas puntas das pólas, entre a primavera e o verán, mentres algunhas outras spp. (ex. T. aphylla) florecen no inverno.

Unha sp. de tamargueira no seu hábitat natural na Alxeria.

Multiplícase vexetativamente, polas súas raíces adventicias ou talos soterrados, e sexualmente, por sementes. Cada flor pode producir milleiros de miúdas (1 mm diámetro) sementes, contidas nunha cápsula cativa usualmente adornada cun penacho de pelos que axudan ao seu espallamento anemófilo. Tamén poden dispersarse pola auga. A xermolación esixe períodos grandes de solo saturado.

O xénero Tamarix está adaptado ao lume, xa que posúe longas raíces que penetran até a camada freática, aproveitando augas subterráneas. Limitan a competencia con outras plantas mediante a absorción do sal das camadas, a que acumulan na súa follaxe e desde alí van depositando no chan, onde se concentra, sendo ese sal letal para moitas outras plantas.

As especies de Tamarix son alimento de larvas dalgunhas especies de Lepidoptera: Coleophora asthenella exclusivamente sobre T. africana.

Especies selectas

[editar | editar a fonte]

Especies na Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

Especie invasora

[editar | editar a fonte]

A introdución de Tamarix no oeste dos EUA (onde se acostuma chamar "piñeiro salgado") coma un arbusto ornamental contra o século XIX supuxo o espallamento do mesmo. Establécese en correntes disturbadas ou non, e en corpos de auga con drenaxe natural ou artificial , onde as sementes expóñense a extensos períodos de solo saturado para se establecer.

Segue a romper as estruturas e maila estabilidade de comunidades de plantas norteamericanas; competindo pola auga.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]