Saltar ao contido

Teatro Argentina

Teatro Argentina
CidadeRoma
PaísItalia
Inauguración31 de xaneiro de 1732
Na rede
http://www.teatrodiroma.net/doc/3169/teatro-argentina
editar datos en Wikidata ]

O Teatro Argentina é un teatro de ópera situado en Largo di Torre Argentina, na cidade de Roma (Italia). É un dos teatros máis antigos de Roma, inaugurado o 11 de xaneiro de 1732 por Domenico Sarro con Berenice.

Foi encargado pola familia Sforza Cesarini e deseñado polo arquitecto Theodoli co auditorio na tradicional forma de ferradura. O interior do teatro está construído en madeira tivo que ser restaurado en varias ocasións.

No século XIX, moitas das máis importantes óperas foron estreadas nel, tales como Il barbiere di Siviglia de Gioachino Rossini en 1816 e I due Foscari e La battaglia di Legnano de Giuseppe Verdi en 1844 e 1849 respectivamente.

Entre 1919 e 1944, representáronse moitas obras de teatro, aínda que sobre todo Luigi Pirandello, Henrik Ibsen e Maxim Gorki. Tamén se representaron unha serie de óperas ás tropas estadounidenses e británicas trala ocupación de Italia nas postrimerías da segunda guerra mundial. O lugar converteuse na sede da compañía Teatro Stabile en 1994, dirixido por Mario Martone.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]