Saltar ao contido

Telmo Rodríguez Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTelmo Rodríguez Alonso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor en Wikidata
Barcela, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Tenorio, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 12682

Telmo Rodríguez Alonso, nado en Barcela (Arbo) en 1880 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrado en Cuba, foi directivo da sociedade Hijos del Distrito de Arbo.[1] Na República regresou a Arbo. Militante de Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Arbo en febreiro de 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).[2]

  1. El Pueblo Gallego, 3/3/1927, p. 13.
  2. Palleiro, Verónica (17/12/2016). "Seis asesinados en el 36 salen del olvido". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]