Saltar ao contido

Terminator 2: O xuízo final

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terminator 2: O xuízo final
Ficha técnica
Título orixinalTerminator 2: Judgment Day
DirectorJames Cameron
ProdutorJames Cameron
GuiónJames Cameron
William Wisher Jr.
IntérpretesArnold Schwarzenegger
Linda Hamilton
Edward Furlong
Robert Patrick
MúsicaBrad Fiedel
FotografíaAdam Greenberg
MontaxeConrad Buff
Mark Goldblatt
Richard A. Harris
EstudioCarolco Pictures
Lightstorm Entertainment
Pacific Western
Canal+
DistribuidoraTriStar Pictures
EstreaCentury City: 1 de xullo de 1991
3 de xullo de 1991
Galicia 21 de setembro de 1996 (TVG)
Duración139 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción, ficción científica
Orzamento$94-102 000 000[1]
Recadación$519 843 345
Filme anteriorTerminator
Filme seguinteTerminator 3: A rebelión das máquinas
Na rede
IMDB: tt0103064 Filmaffinity: 576352 Allocine: 7124 Rottentomatoes: m/terminator_2_judgment_day Mojo: terminator2 Allmovie: v49102 TCM: 92567 Metacritic: movie/terminator-2-judgment-day TV.com: movies/terminator-2-judgment-day
Facebook: terminator2 BNE: XX4416095 Netlix: 60028202 Editar o valor en Wikidata

Terminator 2: O xuízo final (en inglés: Terminator 2: Judgment Day) é un filme de acción estadounidense dirixido por James Cameron que se estreou no 1991. É a segunda parte da saga cinematográfica e a secuela de Terminator (1984). Escrito por Cameron e William Wisher, Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Linda Hamilton, Robert Patrick e Edward Furlong. Terminator 2 conta a historia de Sarah Connor (Hamilton) e o seu fillo John (Furlong) que son perseguidos por un novo e mellorado Terminator, o T-1000 feito de metal líquido (Patrick), enviado atrás no tempo para matar a John e evitar que se converta no líder da Resistencia humana contra as máquinas. O modelo menos avanzado T-800 (Schwarzenegger) tamén é enviado atrás no tempo para protexer a John.

Despois dunha problemática pre-produción caracterizada polas disputas legais, Mario Kassar de Carolco Pictures fíxose cos dereitos de propiedade da franquía na década de 1990. Isto facilitou o camiño para a realización do guión escrito polo equipo de produción liderado por Cameron, e en outubro de 1990 comezou un calendario de rodaxe de 186 días, máis curto do orixinalmente pensado. A produción de Terminator 2 requiriu un orzamento sen precedentes de máis de $94 millóns, a maioría do cal foi gastado na filmación e nos efectos especiais. O filme estreouse o 3 de xullo de 1991.

Terminator 2, un éxito en recadación e en crítica, influíu na cultura popular e especialmente nos filmes de acción e ciencia ficción.[2] Os efectos visuais inclúen imaxinería xerada por ordenador, o uso de movementos naturais humanos para unha personaxe xerada por ordenador e o primeiro personaxe xerado parcialmente por ordenador.[3] Recibiu numerosos galardóns, entre os que destacan catro Premios Oscar por maquillaxe, son, edición de son e efectos visuais.[4] Foi o filme con maior recadación de 1991, e numerosas publicacións como o American Film Institute clasificaron Terminator 2 como un dos grandes filmes de acción e ciencia ficción, e unha das mellores secuelas de tódolos tempos.

Estreouse en galego o 21 de setembro de 1996 a través da TVG.[5]

Sarah Connor, a nai solteira do rebelde John Connor, está ingresada nun psiquiátrico. Algúns anos antes, un viaxeiro do tempo reveláralle que o seu fillo sería o salvador da humanidade nun futuro dominado polas máquinas. Converteuse dende entón nunha especie de guerreira e educou ó seu fillo John en tácticas de supervivencia. Esta é a razón pola que está recluída nun manicomio. Cando un novo androide mellorado, un T-1000, chega do futuro para asasinar a John, un vello modelo T-800 será enviado dende o futuro para protexelo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Schwarzenegger (2015) e Hamilton (2009).
Patrick (2014) e Furlong (2009).
Voz da dobraxe galega de Antón Cancelas.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 1991: 4 Oscars: Mellor son, efectos de son, efectos visuais, maquillaxe. 6 nomeamentos.
  • 1991: 2 BAFTA: Mellor son, efectos visuais. 3 nomeamentos.

Dobraxe ó galego

[editar | editar a fonte]

A frase A rañala, raparigo[6] (moitas veces citada erroneamente como Vai rañala, raparigo), que o Terminator pronuncia antes de acabar co T-1000, está considerada como a frase máis popular da historia da dobraxe en galego da TVG.[7] Na versión orixinal (inglés) a frase é: Hasta la vista, baby, que mostra empatía cara ao neno John Connor, que lle ensinou castelán mexicano. Na versión en castelán europeo é Sayonara, baby, porén, a frase foi mantida en castelán de América. O American Film Institute colocouna na 76ª posición na Lista das mellores 100 frases de películas de todos os tempos.[8]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "50 Most Influential Visual Effects Film of All Time" (PDF). Visual Effects Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2007. Consultado o 15 de xullo de 2007. 
  3. "Visual and Special Effects Film Milestones". Filmsite.org. Consultado o 13 de xaneiro de 2012. 
  4. "Terminator 2: Judgment Day Nominations and Awards". Amctv.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2009. Consultado o 15 de agosto de 2010. 
  5. La Voz de Galicia, 21 de setembro de 1996. Páx. 87
  6. "A rañala raparigo". Consultado o 2019-06-15. 
  7. P., E. (30 de maio de 2010). "'Vai rañala raparigo' de 'Terminator', premio a la mejor frase de la historia del doblaje de TVG". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xullo de 2017. 
  8. "AFI's 100 Movie Quotes". Consultado o 2023-04-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]