Saltar ao contido

The 13th Warrior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The 13th Warrior
Ficha técnica
Título orixinalThe 13th Warrior
DirectorJohn McTiernan
ProdutorMichael Crichton
John McTiernan
Andrew G. Vajna
GuiónWilliam Wisher Jr.
Warren Lewis
Baseado enEaters of the Dead de Michael Crichton
IntérpretesAntonio Banderas
Vladimir Kulich
Dennis Storhøi
Clive Russell
Richard Bremmer
Tony Curran
Omar Sharif
Erick Avari
Sven Wollter
Diane Venora
Asbjørn Riis
Sven-Ole Thorsen
MúsicaJerry Goldsmith
FotografíaPeter Menzies Jr.
MontaxeJohn Wright
EstudioTouchstone Pictures
DistribuidoraBuena Vista Pictures
Estrea27 de agosto de 1999
Duración103 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$85–100 000 000[2][3]
Recadación$61 700 000
Na rede
IMDB: tt0120657 Filmaffinity: 542403 Allocine: 20357 Rottentomatoes: m/13th_warrior Mojo: 13thwarrior Allmovie: am7275 TCM: 444045 Metacritic: movie/the-13th-warrior TV.com: movies/the-13th-warrior Editar o valor en Wikidata

The 13th Warrior é un filme estadounidense de 1999, baseado no libro Eaters of the Dead de Michael Crichton, escritor doutras coñecidas obras como Parque Xurásico e O Mundo Perdido. As linguas do filme en versión orixinal son o inglés, latín, grego, árabe, sueco, noruegués e dinamarquesa.

The 13th Warrior foi un fracaso económico. Os custos de produción e mercadotecnia ascenderon a $160 millóns e só recadou $61 698 899 nos cines.

É unha película de aventuras que conta a historia de Ahmad ibn Fadlan -interpretado por Antonio Banderas-, un emisario árabe expulsado da súa terra por namorarse da muller dun importante home do califato de Bagdad. Como castigo é enviado como embaixador do califa ante os pobos do norte, os viquingos. No traxecto atópase cunha festa viquinga, e durante a mesma, uns enviados viquingos solicitan axuda ó líder tribal, xa que o seu pobo foi atacado por unha tribo de homes besta coñecidos como os wendols. A feiticeira tribal consulta as runas e determina que deben ser 13 guerreiros os que vaian ó rescate, e que o guerreiro número 13 debe ser estranxeiro. De xeito que Ahmed Ibn Fahdlan atópase envolto na historia sen tan sequera coñecer a lingua viquinga. Liderados por Buliwyf (Vladimir Kulich), a compañía encamíñase ó norte para defender un atemorizado poboado viquingo. Rodeado de inimigos salvaxes e temibles, Ibn Fahdlan terá que superar os seus medos máis profundos e participar na loita contra estes escuros seres, que xorden da néboa no medio da escuridade da noite.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Os 13 Guerreiros

[editar | editar a fonte]

Produción e ingresos

[editar | editar a fonte]

Orixinalmente titulado Eaters of the Dead, a produción comezou en agosto de 1997, pero o filme ó pasar por varias reedicións produto de tests de audiencia non foi ben acollido no seu corte inicial. Crichton asumiu el mesmo o cargo de director, facendo que a data de lanzamento fose aprazada máis dun ano. O título cambiouse a The 13th Warrior.

O orzamento, que orixinalmente era de arredor de $85 millóns, segundo os informes elevouse a $100 millóns antes da rodaxe principal. Cos gastos de lanzamentos e de promoción, o custo total da película ascendeu a $160 millóns, que dado a súa mediocre recadación en portelo (só gañou 61.698.899 dólares en todo o mundo), produciu unha perda de case $100 millóns.[2]

O resultado da produción do filme decepcionou tanto a Omar Sharif que se retirou do mundo da interpretación. Non aceptou un papel nun filme importante ata o 2003, con Monsieur Ibrahim:"Despois do meu pequeno papel en The 13th Warrior, díxenme a min mesmo: imos poñer fin a esta parvada, estes vales de comida que facemos xa que pagan ben. Pensei: A menos que me pareza un filme estupendo, que me encante e que me dean ganas de saír da casa a facelo, vouno deixar. Os malos filmes son moi humillantes, estaba realmente enfermo. É terrible ter que facer o diálogo dun mal guión, fronte a un director que non sabe o que está facendo, nun filme tan malo que nin sequera paga a pena explorar."[4]

Banda sonora

[editar | editar a fonte]
The 13th Warrior: Original Motion Picture Soundtrack
Banda sonora de Jerry Goldsmith
12 de novembro de 2002
XéneroBanda sonora
Selo discográficoVarese Sarabande
Cronoloxía
The Mummy
(1999)
The 13th Warrior
(1999)

A banda sonora de The 13th Warrior foi composta orixinalmente por Graeme Revell e interpretada por Dead Can Dance e a cantante Lisa Gerrard. Foi rexeitada por Michael Crichton e substituída polo colaborador habitual de Crichton, Jerry Goldsmith.[5] O tema anterior á batalla final, chamado "Valhalla", foi empregado posteriormente en Kingdom of Heaven de Ridley Scott, na escena do asedio final.

  1. "THE 13TH WARRIOR (15)". British Board of Film Classification. 30 de xullo de 1999. Consultado o 14 de novembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Dirks, T. 2010. Greatest Box-Office Bombs, Disasters and Flops of All-Time. [Online] Filmsite.org (Updated 2010) p.11. Available at: http://www.filmsite.org/greatestflops.html (page 11) [31 de decembro de 2011].
  3. "Company Town Film Profit Report". Los Angeles Times. 8 de setembro de 1999. Consultado o 22 de xullo de 2013. 
  4. "Movie & TV News @ IMDb.com - WENN - 20 November 2003". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2011. 
  5. http://www.filmtracks.com/titles/13th_warrior.html

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]