The Northman
The Northman | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Northman |
Director | Robert Eggers |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | A lenda de Amleth de Saxo Grammaticus |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Jarin Blaschke |
Montaxe | Louise Ford |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | 28 de marzo de 2022 |
Duración | 136 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción, suspense e épico |
Orzamento | 70–90 millóns de dólares |
Recadación | 69,6 millóns de dólares |
Na rede | |
The Northman é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Robert Eggers a partir dun guión que el escribiu con Sjón. Baséase na lenda de Amleth, e está protagonizado por Alexander Skarsgård (quen tamén é produtor), Nicole Kidman, Claes Bang, Anya Taylor-Joy, Ethan Hawke, Björk e Willem Dafoe. Céntrase na historia de Amleth, un príncipe viquingo quen quere vingar o asasinato do seu pai. O filme está fortemente influenciado pola mitoloxía nórdica.[2]
Skarsgård quería facer un filme viquingo dende había varios anos, e Eggers decidiu facer o seu terceiro proxecto despois de que os dous se reunisen para discutir posibles colaboracións. Gran parte do elenco uniuse en outubro de 2019 e a rodaxe tivo lugar en lugares de Irlanda do Norte, a República de Irlanda e Islandia dende agosto até decembro de 2020.
The Northman estreouse en Estocolmo no Cinema Rigoletto o 28 de marzo de 2022. Comezou a estrearse nos cinemas nalgúns países o 13 de abril de 2022 e estreouse nos Estados Unidos o 22 de abril con grande éxito da crítica, con eloxios á dirección de Eggers, o guión, a fotografía, os efectos visuais, a banda sonora e as actuacións do elenco. Aínda que tivo un rendemento inferior na recadación mundial, máis tarde tivo éxito financeiro no mercado de vídeo baixo demanda e noutros mercados logo da estrea.[3][4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Alexander Skarsgård como Amleth
- Oscar Novak como Amleth de neno[5]
- Nicole Kidman como Raíña Gudrún, nai de Amleth
- Claes Bang como Fjölnir
- Anya Taylor-Joy como Olga
- Ethan Hawke como rei Aurvandill
- Gustav Lindh como Thorir
- Elliott Rose como Gunnar
- Willem Dafoe como Heimir
- Björk como a profeta
- Eldar Skar como Finnr
- Olwen Fouéré como Ashildur Hofgythja
- Ingvar Eggert Sigurðsson como o bruxo
- Ian Whyte como Mound Dweller
- Hafþór Júlíus Björnsson como Thorfinnr Tooth-Gnasher
- Kate Dickie como Halldóra a picta
- Tadhg Murphy como Eirikr Blaze-Eye
- Ralph Ineson como capitán Volodymyr
- Murray McArthur como Hákon Ironbeard
- Ineta Šliužaitė como a valquiria
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Northman (15)". BBFC. Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2022. Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ Sailes, J.S. (29 de abril de 2022). "The Northman: Every Nod to Norse Mythology, Explained". CBR.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2022. Consultado o 22 de xullo de 2022.
- ↑ Ritman, Alex (31 de agosto de 2022). "Venice: Focus Features' Production and Acquisitions Head Kiska Higgs on Todd Field's "Dazzling" 'TÁR,' Cate Blanchett Buzz: 'She Always Delivers!'". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2022.
- ↑ "As 'Beast' Tops Vudu, How PVOD May Help Save the Non-Franchise Movie". Forbes.
- ↑ Gardner, Chris (22 de abril de 2022). "Why This 12-Year-Old Actor Kept Role as Young Bruce Wayne in The Batman a Secret From Classmates". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2022. Consultado o 22 de abril de 2022.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Northman |
- Filmes de 2022
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Robert Eggers
- Filmes de Regency Enterprises
- Filmes de Focus Features
- Filmes rodados en Irlanda do Norte
- Filmes ambientados na era viquinga
- Filmes ambientados no século IX
- Filmes ambientados no século X
- Filmes ambientados en Islandia
- Filmes baseados na mitoloxía nórdica
- Filmes sobre a escravitude
- Filmes sobre familias disfuncionais