Theodor Kittelsen
Nome orixinal | (no) Theodor Severin Kittelsen |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de abril de 1857 Kragerø, Noruega |
Morte | 21 de xaneiro de 1914 (56 anos) Jeløya, Noruega |
Educación | Academia de Belas Artes de Múnic |
Actividade | |
Ocupación | pintor, ilustrador, debuxante de banda deseñada |
Familia | |
Fillos | Ingrid Kittelsen Treider |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, |
Theodor Severin Kittelsen, nado na comuna costeira de Kragerø en Telemark o 27 de abril de 1857 e finado en Jeløya o 21 de xaneiro de 1914, foi un artista e escritor noruegués, coñecido polas súas pinturas inspiradas na natureza e as súas ilustracións de contos de fadas e lendas, especialmente de trols. Está considerado un dos artistas máis populares de Noruega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Theodor ficou orfo de pai e tiña só once anos cando foi aprendiz de reloxeiro. A súa nai ficou viúva con oito fillos nunha difícil situación económica. Aos dezasete, Diderich M. Aall matriculouno na escola de debuxo de Wilhelm von Hanno en Christiania (hoxe Oslo). Grazas ao xeneroso apoio de Aall, Theodor estudou logo en Múnic, onde comezou a publicar deseños en revistas e xornais alemáns.
En 1882, Theodor recibiu unha bolsa estatal para estudar en París. En 1887 volveu definitivamente a Noruega, onde atopou na natureza unha grande fonte de inspiración. Pasou os dous anos seguintes en Lofoten, onde viviu coa súa irmá e o seu cuñado no faro de Skomvær. Alí, Theodor comezou a escribir textos para complementar os debuxos.
En 1899, Kittelsen e a súa familia mudáronse a unha casa con estudo de arte, que chamou Lauvlia, preto de Prestfoss. Durante este período, Theodor recibiu o encargo dos folcloristas noruegueses Peter Christen Asbjørnsen e Jørgen Moe para ilustrar os Contos populares (Norske Foleeventyr). En 1908 foi nomeado Cabaleiro da Real Orde Noruega de Santo Olavo. Porén, viuse obrigado a vender e abandonar Lauvlia en 1910 debido a unha doenza. Theodor recibiu un bo estipendio artístico en 1911 pero morreu en bancarrota en 1914.[2]
O estilo artístico de Theodor pódese clasificar entre a pintura neorromántica e naïf. Como artista nacional noruegués é moi respectado alí, pero non é moi coñecido internacionalmente.[3]
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Os seguintes libros foron ilustrados por Theodor Kittelsen: [4]
- Fra Livet i de smaa Forholde I-II (1889–1890)
- Fra Lofoten I-II (1890–1891)
- Troldskab (1892)
- Glemmebogen (1892)
- Har dyrene Sjæl? (1894)
- Kludesamleren (1894)
- Im Thierstaate (1896)
- Ordsprog (1898)
- Svartedauen (1900)
- Billeder og Ord (1901)
- Folk ou troll. Minder og Drømme (1911)
- Tragamonedas Soria Moria (1911)
- Løgn og forbandet digt (1912)
- Heimskringla (1914)
Museos dedicados a Theodor Kittelsen
[editar | editar a fonte]A antiga casa de Theodor Kittelsen, Lauvlia, onde viviu entre 1899 e 1910, está situada ao norte de Prestfoss, na ruta 287, cunha vista panorámica do lago Soneren. A zona circundante, en particular o monte Andersnatten, serviu de inspiración para algunhas das paisaxes máis famosas de T. Kittelsen. Hoxe, Lauvlia é un museo privado que inclúe exposicións de orixinais de Kittelsen, xunto con esculturas en madeira e murais. Cada ano celébrase unha nova exposición e actividades de arte para nenos. As pinturas expostas van rotando cada ano.[5]
O Museo Theodor Kittelsen está situado na dorsal de Skuterudhøyden, nas minas de cobalto, preto da fábrica de Blaafarveværket. As interpretacións poéticas de Kittelsen sobre a natureza, o bosque, as montañas e os trols preséntanse en forma de mobles esculpidos, óleos, acuarelas e debuxos.
A casa onde creceu Theodor Kittelsen en Kragerø tamén é agora un museo dedicado ao seu legado.
Referencias culturais
[editar | editar a fonte]Bandas de black metal e folk metal como Burzum, Empyrium, Otyg e Satyricon utilizaron algunhas ilustracións do libro Svartedauen (A peste negra) de Theodor Kittelsen nos seus álbums musicais. O 27 de abril de 2017, co que se cumpren cento sesenta anos do seu nacemento, o buscador Google dedicoulle un Google Doodle.[6][7]
Pinturas e debuxos
[editar | editar a fonte]-
Nøkken, 1887–92 (O espírito acuático)
-
Ekko (Eco), 1888
-
Huldra forsvant( A fada que desapareceu)
-
Hakkespett, 1912 (Carpinteiro)
-
Kornstaur e måneskinn,c. 1900 (Medas de millo baixo ao luar)
-
Trollet som grunner på hvor gammelt det er, 1911 (O troll pregúntase que idade ten)
-
Det rusler og tusler rasler og tasler, 1900 (Arrepiante, arrastrador, estremecedor, axitado)
-
Skogtroll, 1906 (Trol do bosque)
-
En uhheldig bjørnejakt (Unha caza de osos lamentábel)
-
Kvitebjorn - Kong Valemon, 1912 (Valemon, o rei dos osos polares)
-
Op con tóner Fjeldet en Lur, 1900 (Sobre os montes, a chamada dun clarinete ecoa)
-
Nøkken som hvit hest, 1909 (Nixe como un cabalo branco)
-
12 villender, 1897 (Os doce patos salvaxes)
-
Streik, 1879 (Folga)
-
Gutt på hvit hest (Rapaz no cabalo branco; véxase tamén kelpie)
-
selvportrett, 1891 (Autoretrato)
Ilustracións da obra Svartedauen
[editar | editar a fonte]-
Fattigmannen, 1894–95 (O mendigo)
-
Pesta i trappen, 1896 (Peste nos chanzos)
-
Pesta Kommer, 1894–95 (A peste está chegando)
-
Musstad, 1896 (O rato da cidade)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Theodor Kittelsen" (en norueguês). Arquivado dende o orixinal o 2008-03-02. Consultado o 27 de abril de 2017.
- ↑ "Theodor Kittelsen (1857-1914)" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2017.
- ↑ "27. april - Th. Severin Kittelsen 150 år" (en norueguês). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2017. Consultado o 27 de abril de 2017.
- ↑ Østby, Leif (1975). Theodor Kittelsen: Drawings and Watercolours (en norueguês e inglês). Oslo. ISBN 978-8209012260.
- ↑ "Lauvlia - Th. Kittelsens kunstnerhjem" (en norueguês). Consultado o 27 de abril de 2017.
- ↑ "160.º aniversário de Theodor Kittelsen". 27 de abril de 2017.
- ↑ "Theodor Kittelsen lembrado pela Google no dia do 160.º aniversário". 27 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Theodor Kittelsen |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Theodor Kittelsen |
- «Sitio de Lauvlia Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine.» (en norueguês). A antiga casa de Theodor Kittelsen, transformada en museo.
- «Obras de Theodor Kittelsen» (en norueguês). no Museo Nacional de Arte, Arquitectura e Deseño.