Till Lindemann
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1963 (61 anos) Leipzig, Alemaña |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Ocupación | cantante, músico, actor, compositor de cancións, poeta, escritor, compositor |
Período de actividade | 1981 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Neue Deutsche Härte e Metal industrial |
Tesitura | Baixo-barítono |
Instrumento | Voz e Batería |
Familia | |
Fillos | Nola Lindemann |
Pai | Werner Lindemann |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | till-lindemann.com |
|
Till Lindemann, nado o 4 de xaneiro de 1963 en Leipzig, antiga República Democrática Alemá, é un cantante, compositor, músico, actor, poeta e pirotécnico alemán. É moi coñecido por ser o vocalista principal e líder da banda alemá de Neue Deutsche Härte Rammstein. Destaca pola súa complexión física, actuacións escénicas únicas (incluíndo o uso da pirotecnia e un movemento específico coñecido como "The Till Hammer"), e a súa voz de baixo. Tamén é coñecido polas súas letras, algunhas das cales causaron polémica. En todo o mundo, Rammstein vendeu máis de 45 millóns de discos, con cinco dos seus álbums recibindo o disco de platino.
Lindemann foi incluído entre os "50 mellores homes do metal de todos os tempos" por Roadrunner Records. As súas inquedanzas artísticas motiváronno a aparecer nalgunhas películas en papeis menores, e en escribir e publicar dous libros publicados de poesía, un titulado "Messer" (2002) e o outro "In stillen Nächten" (2013). Do mesmo xeito, ten presentados algúns dos seus poemas e guións orixinais en galerías.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Lindemann naceu en Leipzig entón Alemaña Oriental e creceu na aldea de Wendisch-Rambow, en Mechlemburgo-Antepomerania;[1] é fillo do poeta infantil Werner Lindemann e da xornalista e escritora Brigitte Hildegard "Gitta" Lindemann, quen traballou para Norddeutscher Rundfunk de 1992 ata a súa retirada en 2002.[2] Os seus pais coñecéronse nunha conferencia en Bitterfeld en 1959.[3] Lindemann ten unha irmá máis nova chamada Saskia.[2][4]
A partir dos 11 anos de idade, foi a unha escola de deportes, a Empor Rostock Sport Club,[4] e de 1977 a 1980, asistiu a un internado.[4] Os seus pais vivían separados por razóns profesionais desde 1975 e se divorciaron cando Lindemann era aínda era novo.[5] Viviu co seu pai por un curto tempo, pero a relación era malsá. No libro Mike Oldfield im Schaukelstuhl, o pai de Lindemann escribiu sobre os seus propios problemas co alcoholismo e as dificultades de ser pai dun adolescente Lindemann.[6]
En 1978, Lindemann participou no Campionato Europeo Júnior de Natación en Florencia, terminando 11º nos 1 500 m estilo libre e sétimo nos 400 m estilo libre, nadando nun tempo de 4'17"58, e foi preseleccionado para ir aos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova.[5] Deixou o deporte debido a unha lesión,[7] e daquela afirmou que "nunca me gustou a escola deportiva, era moi intensa, pero como neno non me opuxen".[1]
Máis tarde traballou como aprendiz de carpinteiro, técnico de galería, cortador de turba e cesteiro.[8] A súa nai dedicoulle unha carta titulada Mein Sohn, der Frontmann von Rammstein ("O meu fillo, o líder de Rammstein") a Lindemann en 2009.[9]
Carreira
[editar | editar a fonte]Música
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Rammstein.
Lindemann comezou a tocar a batería para First Arsch,[10] que lanzou un álbum titulado Saddle Up en 1992 e tocou unha canción ("Lied von der unruhevollen Jugend") cunha banda punk chamada Feeling B (a antiga banda dos membros de Rammstein Paul H. Landers, Christoph "Doom" Schneider e Christian "Flake" Lorenz).[10] Durante a súa estadía en Feeling B, tocou a batería na banda.
Na década de 1990, Lindemann comezou a escribir letras de cancións. En 1994, a banda entrou e gañou un concurso en Berlín que lles permitiu gravar profesionalmente unha demo de catro pistas. Cando se lle preguntou por que a chamaron Rammstein despois do desastre do espectáculo aéreo de Ramstein,[11] dixo que viu imaxes do incidente na televisión, e que el e os compañeiros de banda querían facer un recordo musical.[12] Durante os primeiros anos de Rammstein, debido ao uso de excesiva pirotecnia, Lindemann queimouse as orellas, o cabelo e os brazos.[13] Christoph Schneider, compañeiro de banda, comentou: "Till quéimase todo o tempo, pero gústalle a dor".[13] Un incidente en setembro de 1996 fixo que unha sección do escenario ardese e como consecuencia, Lindemann conseguiu o título profesional de pirotécnico así a banda podería actuar coa pirotecnia con máis seguridade que a que tiña previamente.[8][14]
Durante a xira de Rammstein en Estados Unidos con Korn en 1998, Till e o seu compañeiro de banda, Christian "Flake" Lorenz foron arrestados en Worcester, Massachusetts, por conduta obscena realizada durante a súa canción "Bück Dich", que consistía en que Lindemann simulaba sexo anal con Lorenz.[15] Tanto Lindemann como Lorenz foron liberados ao día seguinte despois de pagar a fianza.[15] Este incidente non impediu que Lindemann actuase do mesmo xeito en futuros espectáculos fóra dos Estados Unidos, particularmente en Australia, cando se presentaron no 2011 no Big Day Out,[16] Pero as súas actuacións nos Estados Unidos cambiaron. En 1999, a banda foi culpada polo masacre de Columbine de 1999, aínda que negaron que a súa música fose un factor relevante no suceso.[17][18]
En novembro de 2002, publicou o seu primeiro libro de poemas "Messer", que se compón de 54 poemas compilados por Gert Hof, o autor do libro "Rammstein" e o pirodeseñador da banda durante os últimos sete anos.[19]
Till non é novato nas lesións pois, como se mencionou nos inicios de Rammstein, queimárase varias veces coa pirotecnia manexada sen profesionalidade.[13] Nunha actuación en Suecia en 2005, tivo unha lesión de xeonllo no escenario cando o teclista Flake bateu, accidentalmente, con el mentres montaba un Segway PT.[20] Esta lesión causou a cancelación de varias actuacións da xira en Asia.[20] O mesmo ano, cinco álbums de Rammstein recibiron o disco de platino e a banda tamén recibiu os "World Sales Awards" ("premios mundiais de vendas") para máis de 10 millóns de copias vendidas en todo o mundo.[21] Durante a rodaxe do vídeo musical da banda para "Ich tu dir weh", Lindemann quería unha luz posta na súa boca para crear un efecto visualmente impresionante.[22] O compañeiro de banda Paul Landers suxeriu que usase un arame de cor carne e o pasase pola súa fazula para iluminar a súa boca desde o exterior,[22] Lindemann negouse, e no seu lugar optou por facer unha incisión cirúrxica na fazula esquerda, de modo que unha luz podería ser alimentada na súa boca directamente, e en gran medida fóra da vista.[22][23]
Hai un movemento específico de Lindemann, chamado "The Till Hammer". Neste movemento, dobra os seus xeonllos e golpea a súa coxa co puño nun movemento de martilleo mentres que vira a súa cabeza de lado a lado. En ocasións, viuse a Flake parodiar o movemento no escenario. A diferenza da maioría dos líderes, Lindemann declarou nunha entrevista que non lle gusta que o miren mentres está no escenario, e que levaría lentes de sol para evitar as miradas da audiencia.[24] Afirmou que o obxectivo principal da pirotécnia da banda é, en realidade, ser unha ferramenta para afastar a atención da audiencia de Lindemann, dobrando o espectáculo para a audiencia. Lindemann tamén opta por dar as costas á cabina de mestura, ou fai xestos de man durante os sos de guitarra para distraer á audiencia e evitar que o miren directamente. Debido á súa ansiedade no escenario, Lindemann adoita facer que os seus compañeiros de banda empreguen un bote de goma para surfear durante os espectáculos, xa que obtén a atención dos espectadores fóra do escenario durante varios minutos.[25]
En xullo de 2010, Lindemann, xunto con Flake, foron entrevistados polo antropólogo Sam Dunn para a serie Metal Evolution de VH1 Classic, sobre o tema do shock rock[26] e en 2011, Roadrunner Records incluíu a Lindemann no número 50 na lista dos 50 mellores líderes de metal de todos os tempos.[27]
En 2013, publicou o segundo libro de poesía de Lindemann, In stillen Nächten,[28] e comentou sobre a poesía que "A gran maioría dos meus poemas podería ter sido escrita uns poucos centos de anos antes."[28] No seu 52 aniversario (o 4 de xaneiro de 2015), anunciouse que Lindemann comezaría un novo proxecto con Peter Tägtgren chamado Lindemann[29][30][31] e ese mesmo ano, no mes de xuño, a banda lanzou o seu álbum debut Skills in Pills.[32]
Voz e letras
[editar | editar a fonte]Lindemann ten unha poderosa presenza en escena. O seu rango vocal é o dun baixo (barítono), ou talvez ata máis baixo.[33][34][35] Con todo Lindemann ten o impulso de meter presión na súa voz con forza desde abaixo,[33] tamén é coñecido pola súa continua tendencia a pronunciar os "R" de forma vibrante alveolar múltiple, como o son "rr" en galego, declarou nunha entrevista que canta así por instinto.[33] O seu uso vibrante do "r" provoca críticas, xa que Adolf Hitler pronunciaba os "R" así.[36] Con todo, este acento podería estar conectado aos seus anos de mocidade en Mecklenburgo.[37] En 2005, o New York Times referiuse á voz de Lindemann, dicindo que "ordena un baixo, un potente baixo raramente usado na música pop contemporánea, sen formación pero electrificante."[38]
Respecto das súas letras, o propio Lindemann descríbeas adoita describilas "cancións de amor".[39] Algunhas das cancións escritas por el teñen referencias á literatura do século XIX ou anteriores; como, por exemplo, Dalai Lama do álbum Reise, Reise que é unha adaptación de Der Erlkönig de Goethe.[40] Tamén utilizou máis poemas de Goethe como en Rosenrot, que contén elementos do poema Heidenröslein;[40] mentres que Feuer und Wasser ten elementos narrativos de Der Taucher de Friedrich Schiller.[41] Lindemann tamén utilizou elementos de Der Struwwelpeter de Heinrich Hoffmann para a súa oitava pista, Hilf mir, no seu álbum Rosenrot;[42] e Mein Herz brennt ten letras tomadas dunha liña narrativa dun programa infantil alemán, coñecido como Das Sandmännchen.[43]
Lindemann tamén utilizou a literatura contemporánea para empregar referencias intertextuales. Por exemplo, o título da canción de Édith Piaf, Non, je ne regrette rien, utilizouse como estribillo para a canción Frühling en Paris, e a letra da canción Links 2-3-4 baséanse na canción Einheitsfrontlied de Bertolt Brecht.[44] A letra da canción pode incluír á banda na categoría política, colocándoa na esquerda.[45] Tamén utilizou outra canción composta por Brecht, titulada Mack o coitelo, e o coro foi utilizado para a canción Haifisch.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]A primeira filla de Lindemann, Nele, naceu en 1985 e contou nunha entrevista alemá que pasou sete anos como pai solteiro.[10] Lindemann ten un neto, fillo de Nele, coñecido como "Little Fritz".[46] Lindemann ten unha segunda filla coa súa ex esposa Anja Köseling, chamada Marie Louise, que naceu en 1993.[47]
Nunha entrevista de 2011, Lindemann declarou que aínda ten fortes conexións coas tradicións da Alemaña Oriental e opina que a "des-tradicionalización" é inquietante, e que tampouco hai autenticidade.[24] Tamén ten declarado que "odia o ruído", e a miúdo foxe a un pobo no norte entre Schwerin e Wismar.[46]
En 2014, Lindemann presentou dúas esculturas e os seus guións orixinais de poemas no seu libro In Silent Nights (en noites silenciosa) nunha galería en Dresden;[48] e, o mesmo ano, tamén escribiu algunhas letras para o cantante compositor alemán Roland Kaiser para o seu álbum Soul Tracks.[49]
Entre as bandas favoritas de Lindemann están Deep Purple, Alice Cooper e Black Sabbath e cantantes Marilyn Manson e Chris Isaak.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]First Arsch
[editar | editar a fonte]- Saddle Up (1992)
Rammstein
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Discografía de Rammstein.
- Herzeleid (1995)
- Sehnsucht (1997)
- Mutter (2001)
- Reise, Reise (2004)
- Rosenrot (2005)
- Liebe ist für alle da (2009)
Lindemann
[editar | editar a fonte]- Skills in Pills (2015)[52][53]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Who the hell are Rammstein?". Rammimages.com. 2006. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 1 de novembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Bettendorf, Michele (2002). Ursprung Punkszene, oder: "Rammstein hätte es im Westen nie gegeben" (en alemán) (1st ed.). Book on Demand. p. 116. ISBN 978-3831144938. Consultado o 29 de outubro de 2014.
- ↑ Irgendein Neuerdings Mike Oldfield – ein Vater – Sohn Geschichte (RF radio play) 2011
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Adrienne Didur, Cheryl (2013). "Till Lindemann's Childhood and School Days". TillLindemann.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014.
- ↑ 5,0 5,1 Pilz, Michael (28 de setembro de 2004). "Rammstein erfolgreichste Lyriker sind Deutschlands". Die Welt. Consultado o 1 de novembro de 2014.
- ↑ Lindemann, Werner (1988). Mike Oldfield im Schaukelstuhl: Notizen eines Vaters (en alemán). Ingo Koch Verlag. ISBN 978-3938686614. Consultado o 1 de novembro de 2014.
- ↑ Haack, Melanie; Dunker, Robert; Schurer, Petra (21 de novembro de 2009). "Biedermann und Lindemann über Musik und Sport". Die Welt Online (en German). Consultado o 29 de outubro de 2014.
- ↑ 8,0 8,1 Grundke, Vincent (4 de xaneiro de 2014). "Rammstein-Poet Till Lindemann wird heute 51". Ampya (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2014.
- ↑ "Deluxe Rostock number 3/2009" (PDF). Rostock Deluxe Magazine. 2009. Consultado o 1 de novembro de 2014.[Ligazón morta]
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Bettendorf, p. 117.
- ↑ Ronald Galenza, Heinz Havemeister: Feeling B. Mix mir einen Drink. – p. 262. Schwarzkopf & Schwarzkopf, Berlin 2002, ISBN 3-89602-418-3
- ↑ "OOR Interview – Till – outubro de 1997". Rammimages.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 1 de novembro de 2014.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Peisner, David (febreiro de 2007). "Rock Stars Who've Caught Fire Onstage!". Blender Magazine Online. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2014.
- ↑ France, Pauline (27 de outubro de 2011). "Top 10 Creepiest Moments on Stage". Fender Musical Instruments Corporation. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 2016-09-21.
- ↑ 15,0 15,1 "Rammstein's Act Lands Two Members in Jail". MTV. 7 de xuño de 1999. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014.
- ↑ Northover, Kylie (14 de xaneiro de 2011). "Rammstein get out their phallic cymbals". Sydney Morning Herald. Consultado o 16 de novembro de 2014.
- ↑ Powers, Ann (25 de abril de 2000). "The Nation; The Stresses of Youth, The Strains of Its Music". The New York Times. Consultado o 15 de novembro de 2010.
- ↑ MTV News Staff (23 de abril de 1999). "KMFDM And Rammstein Speak Out About Columbine". MTV. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2014.
- ↑ "Till Lindemann: Messer. Gedichte und Fotos". perlentaucher.de. 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014.
- ↑ 20,0 20,1 "Rammstein Cancels Shows in Asia". Metal Underground. 1 de agosto de 2005. Consultado o 16 de novembro de 2014.
- ↑ "History (16 de decembro de 2005)". Rammstein. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2014.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 Sonisphere. "RAMMSTEIN – Making of Ich Tu Dir Weh". Muzu.tv. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2014.
- ↑ "Rammstein frontman pierced his cheek for new video". The Gauntlet. 21 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014. Consultado o 1 de novembro de 2014.
- ↑ 24,0 24,1 Schmidt, Rainer (12 de decembro de 2011). "Rammstein: Exclusive Interview with Till Lindemann and Flake Lorenz". Rolling Stone. Consultado o 16 de novembro de 2014.
- ↑ "Till Lindemann – Interview Anakonda im Netz (English Subtitles)". YouTube. 24 de agosto de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2014.
- ↑ "Shock Rock (Ep. 1-09) Metal Evolution". VH1.com. 23 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2014.
- ↑ Rosen, Jeremy (2011). "The 50 Greatest Metal Frontmen of all Time". Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2013. Consultado o 29 de outubro de 2014.
- ↑ 28,0 28,1 Schoepfer, L. (3 de outubro de 2013). "The Misunderstood". Tages-Anzeiger (en alemán). Consultado o 16 de novembro de 2014.
- ↑ "Rammstein Frontman Till Lindemann Joins Forces with Pain/Hypocrisy Mainman Peter Tägtgren in New Project". Blabbermouth.net. 4 de xaneiro de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2015.
- ↑ Childers, Chad (5 de xaneiro de 2015). "Rammstein's Till Lindemann Forms New Project With Peter Tagtgren". Loudwire. Consultado o 2 de marzo de 2015.
- ↑ "Rammstein's Till Lindemann and Hypocrisy's Peter Tägtgren form new project". The Guardian. 5 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2015.
- ↑ "Details Released For Rammstein Frontman's New Project Lindemann". The Guardian. 5 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2015.
- ↑ 33,0 33,1 33,2 "English long interview (Playboy January 2006): Till Lindemann". Till-lindemann.skynetblogs.be. 28 de novembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014.
- ↑ Constable, Burt (11 de maio de 2011). "Rammstein show like Blue Man with flamethrowers". The Daily Herald. Consultado o 15 de novembro de 2014.
- ↑ Pareles, Jon (12 de decembro de 2010). "Offering Sturm Galore, Fire and Drang as Well". The New York Times. Consultado o 15 de novembro de 2014.
- ↑ "Music Express interview with Richard and Till". Music Express. xullo 1997. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2014. Consultado o 15 de novembro de 2014.
- ↑ Littlejohn (2013), p.17
- ↑ Berlinski, Claire (9 de xaneiro de 2005). "Das Jackboot: German Heavy Metal Conquers Europe". The New York Times (Berlin). Consultado o 15 de novembro de 2014.
- ↑ Bettendorf, p. 99.
- ↑ 40,0 40,1 Littlejohn (2013), p. 218.
- ↑ Littlejohn (2013), p. 100.
- ↑ Littlejohn (2013), p. 240.
- ↑ Nestingen, Andrew (2008). Crime and fantasy in Scandinavia : fiction, film, and social change. Seattle, Wash.: University of Washington Press. p. 101. ISBN 978-0295988047. Consultado o 20 de novembro de 2014.
- ↑ Littlejohn (2013), p. 126.
- ↑ "Rammstein: Das Herz schlägt links, oder?". Laut.de. Consultado o 20 de novembro de 2014. Esta canción é de feito escrita por Bertolt Brecht e composta por Hanns Eisler en 1934. O texto completo pode atoparse aquí: "Einheitsfrontlied"
- ↑ 46,0 46,1 "O vocalista de Rammstein Till Lindemann admite que odiaa o ruído". RIA Novosti. 6 de xullo de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2014.
- ↑ "Till Lindemann – Biography". IMDb. 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014.
- ↑ Bauermeister, Juliane (19 de febreiro de 2014). "Die bizarre Kunst des Rammstein-Sängers". Bild.de (en alemán). Consultado o 29 de outubro de 2014.
- ↑ "Rammstein-Sänger hat Songtext für Roland Kaiser geschrieben". T-Online (en alemán). 17 de abril de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2014.
- ↑ "SZ: Till Lindemann about desire" (en English). Archived from the original on 28 de agosto de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016.
- ↑ "NNDB" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2006.
- ↑ Henne, Bruce (1 de marzo de 2015). "Lindemann tease album debut". MetalHammer. Consultado o 2 de marzo de 2015.
- ↑ Kanetzky, Aurelia (5 de febreiro 2015). ""Lindemann": Debütalbum für Mai angekündigt". Rollingstone (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Till Lindemann |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Littlejohn, John T.; Putnam, Michael T. (2013). Rammstein on Fire: New Perspectives on the Music and Performances (en inglés). Jefferson, North Carolina: McFarland Publishers. ISBN 978-0786474639.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Herzeleid.com Arquivado 04 de outubro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- Sitio web oficial de Rammstein (en inglés) (en alemán)