Saltar ao contido

Trevor Howard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTrevor Howard

(1973) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Trevor Wallace Howard-Smith Editar o valor en Wikidata
29 de setembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Cliftonville, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Bushey, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecirrose hepática
insuficiencia hepática Editar o valor en Wikidata
EducaciónClifton College (en) Traducir
Royal Academy of Dramatic Art Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHelen Cherry (1944–1988) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0002145 Allocine: 731 Rottentomatoes: celebrity/trevor_howard Allmovie: p33529 TCM: 89711 TV.com: people/trevor-howard
BNE: XX1177175 Musicbrainz: 7198e4af-50d7-4320-9180-e1ad924030ab Discogs: 5140798 WikiTree: Howard-Smith-1 Find a Grave: 6001320 Editar o valor en Wikidata

Trevor Wallace Howard-Smith, nado en Cliftonville (Kent) o 29 de setembro de 1913 e finado en Bushey (Hertfordshire) o 7 de xaneiro de 1988,[1] foi un actor inglés, gañador dos premios BAFTA e Emmy. Referente e icona de grandes títulos do cinema clásico como Breve encontro ou The Third Man, participou noutros filmes célebres como A volta ao mundo en oitenta días, Superman e Gandhi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Howard naceu no condado de Kent, fillo de Mabel Grey (Wallace) e Arthur John Howard-Smith.[2][3][4] O seu pai traballou na Lloyd's of London, servindo como representante en Colombo (Sri Lanka) e outros lugares; Trevor pasou os oito primeiros anos da súa vida viaxando arredor do mundo.[5][6]

Foi educado no Clifton College, Bristol,[7] e posteriormente entrou na Real Academia británica de arte dramática[8] e debutou nos escenarios londinienses en 1934. Durante a segunda guerra mundial serviu na RAF. O 8 de setembro de 1944, casou co seu primeiro amor Helen Cherry (1915-2001), matrimonio que ata a morte de Howard en 1988.

Carreira artística

[editar | editar a fonte]

Howard debutou perante as cámaras en 1944 co filme The Way Ahead de Carol Reed.[9] Axiña puido demostrar as súas aptitudes, xa que David Lean lle ofreceu un dos seus papeis polos que pasou á historia, o do romántico doutor Alec Harvey en Breve encontro (1945). Despois deste papel, as personaxes para Howard apareceron sen parar. A súa grande estatura abriulle as portas como galán, aínda que tamén comezou a buscar outros rexistros, como o memorable Mayor Calloway de The Third Man (1949) de Carol Reed, o filme do que Howard estaba máis orgulloso.[10]

A mediados da década de 1950, Trevor Howard xa era un actor requirido por producións dende os Estados Unidos. Sen dúbida, é lembrado pola súa interpretación do borracho Walter Morel en Sons and Lovers (1960), pola que gañou a súa única candidatura aos Óscar. Obtivo cinco candidaturas aos premios da BAFTA, gañándoo por The Key, de Carol Reed en 1958.

Durante a década dos 60, alternou filmes menores con grandes interpretacións, como a do capitán Bligh en Rebelión a bordo (1962) de Lewis Milestone. Ademais de nesta longametraxe, destacou en The Charge of the Light Brigade (1968), Ryan's Daughter (1970) o Ludwig (1972).

Home sinxelo de escrupulosa privacidade, declinou o título británico de Sir[11] e tan só especificaba nos seus contratos non traballar sempre que houbese un partido internacional de crícket (Test match).[12]

Faleceu por mor dunha bronquite o 7 de xaneiro de 1988 en Bushey, no condado de Hertfordshire dun fallo hepático e cirrose.[1] A memoria do actor gárdase no bar do Orange Tree Theatre de Richmond que ten o seu nome.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Pettigrew Trevor Howard: A Personal Biography, Londres: Peter Owen, 2001, p. 26 and p. 245
  2. Matthew, H. C. G.; Harrison, B., eds. (2004-09-23). Howard, Trevor [real name Trevor Wallace Howard-Smith]. Oxford: Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/39937. 
  3. Trevor Howard: The Man and His Films, Michael Munn, Robson, 1989, p. 16
  4. British Stars and Stardom: From Alma Taylor to Sean Connery, ed. Bruce Babington, 'Trevor, not Leslie, Howard', Geoffrey McNab, Manchester University Press, 2001, p. 138
  5. "World news Howard: the epitome of British stoicism". The Canberra Times 62 (19,088) (Australian Capital Territory, Australia). 9 de xaneiro de 1988. p. 4 – vía National Library of Australia. 
  6. "Popular star Trevor Howard hides behind beard". The Australian Women's Weekly 14 (13). 7 de setembro de 1946. p. 36 – vía National Library of Australia. 
  7. "Clifton College Register" Muirhead, J.A.O. p394: Bristol; J.W Arrowsmith for Old Cliftonian Society; abril de 1948
  8. "BFI Screenonline: Howard, Trevor (1916-1988) Biography". www.screenonline.org.uk. 
  9. "Production of The Recruiting Officer - Theatricalia". theatricalia.com. 
  10. Variety Staff (15 de decembro de 2001). "Trevor Howard: A Personal Biography". 
  11. "No Sir! Stars who refused honors". CNN. 21 de decembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2009. Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  12. "The Passionate Lives of Trevor Howard". Ottawa Citizen. 17 de febreiro de 1961. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]