Saltar ao contido

Ulpiano Piña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUlpiano Piña
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1885 Editar o valor en Wikidata
Valeixe, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1972 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3268

Ulpiano Benito Piña, nado en Valeixe (A Cañiza) o 21 de marzo de 1885 e finado na Habana o 4 de xuño de 1972, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba con 25 anos e rematou o Bacharelato en Jovellanos (Matanzas). Estudou Farmacia na Habana e gradouse en 1921. Na capital abriu e o seu propio establecemento. Regresou a España e revalidou os seus estudos en Madrid. Estableceuse en Tui coa súa segunda muller, Carmen Castiñeira, onde tivo farmacia, droguería e óptica. De ideas republicanas, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 requisáronlle a farmacia. Fuxiu a Lisboa co médico Hermenegildo Losada Loureiro, onde embarcou para Francia. Foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía; tamén foi expedientado por responsabilidades políticas e sancionado. De Francia marchou a Nova York e despois volveu a Cuba. Radicouse en Baracoa onde volveu abrir unha farmacia. Marchou despois a Puriales de Caujerí, onde fundou outra farmacia, para finalmente establecerse na Habana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]