Saltar ao contido

Un canto a Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«Un canto a Galicia»
sinxelo de Julio Iglesias
do álbum Un canto a Galicia
Lanzamento 1971
Formato 7"
Gravada 1971
Xénero musical Canción melódica
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:10
Discográfica Columbia Records
Produtor(es)
Escritor(es)
Cronoloxía
«En un rincón del desván» «Un canto a Galicia» «Por una mujer»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Un canto a Galicia é unha canción gravada en 1971 do cantante de orixe galega Julio Iglesias incluída no seu álbum homónimo de 1972. O tema aparece tamén en diversas recompilacións dos éxitos do artista posteriores, como en Mi vida de 1998.

A letra, que comete varios erros gramaticais, é un pouco melancólica e morriñenta, propia do pobo galego, mais a música e o ritmo son, porén, alegres, deixando esa saudade como esquecida. O son que prevalece, cunha voz en eco, é o dunha guitarra, acompañado a miúdo de aplausos.

Gravada en lingua galega, a letra recrea o amor do autor por Galicia, berce de seu pai Julio Iglesias Puga, en honra do cal está escrito o tema.[1] A canción tamén tivo grande éxito no Norte de África e Oriente Medio.[2][3] Nunha actuación en agosto de 2013, Julio Iglesias dedicou este tema ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois en Santiago de Compostela no anterior mes de xullo. Na súa dedicatoria explicou que para el Galicia é «unha terra moi especial e queridísima» [4].

A canción alzouse co número un nas listas de vendas de España e varios países de América Latina e Europa,[5] entre eles os Países Baixos e Bélxica, conseguindo o número 12 nas listas alemás.[6]

Versións

[editar | editar a fonte]

En 1987 o autor interpretou a canción a dúo con Manolo Escobar para o álbum deste último Suspiros de España. Existe a versión en castelán do tema. O tema tamén foi reeditado en italiano como Un canto alla vita, alemán: Wenn Ein Schiff Vorüberfährt, francés: Un chant à Galice.

  1. Diario ABC, ed. (8 de agosto de 2013). "Julio Iglesias dedica "Un canto a Galicia" a las víctimas del accidente ferroviario". Consultado o 24 de febreiro de 2015. 
  2. Julio Iglesias - Sito Ufficiale: Cronologia
  3. cfr. p. es. Julio Iglesias - Sito Ufficiale: Biografia
  4. Noticia en ABC
  5. La Voz de Galicia, ed. (12 de maio de 2013). "Julio Iglesias: «Mi alma siempre estará llena de Galicia»". Consultado o 24 de febreiro de 2015. 
  6. DutchCharts (ed.). "Julio Iglesias - Un canto a Galicia". Consultado o 24 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]