Universidade do Sur de Florida
Universidade do Sur de Florida University of South Florida | |
---|---|
Escudo da Universidade | |
Datos xerais | |
Localización | Tampa, Florida, Estados Unidos |
Datos actuais | |
Reitor | John B. Ramil |
Alumnos | 47.646[1] |
Datos de contacto | |
Páxina web | www.usf.edu |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade do Sur de Florida, tamén coñecida como USF, é unha universidade pública localizada en Tampa, Florida. Fundada en 1956, forma parte do Sistema Universitario Estatal de Florida, sendo a cuarta universidade pública dese estado, con 47.646 estudantes matriculados no ano académico 2012–2013.[1][2] A USF conta con tres institucións independentes: USF Tampa, USF San Petersburgo e USF Sarasota-Manatee.[3] Cada institución está acreditada separadamente pola comisión universitaria da Asociación do sur de escolas e universidades.[3] A universidade conta con 14 facultades, que ofrecen preto de 80 estudos de grao e máis de 130 de posgraduado.[4]
A USF aparece clasificada pola Carnegie Foundation for the Advancement of Teaching no nivel superior de universidades en canto á investigación, e é unha das catro únicas universidades en Florida que obtén esta clasificación.[5] Na clasificación do ano 2011, a Intellectual Property Owners Association clasificou á USF na décima posición a nivel mundial en canto ao número de patentes rexistradas.[5] A universidade conta cun presuposto anual de 1.500 millóns de dólares e ten un impacto económico de 3.700 millóns de dólares.[6] Segundo unha clasificación realizada pola National Science Foundation, a USF atópase entre as 50 universidades dos Estados Unidos que adican un gasto maior á investigación, sendo só superada en Florida pola Universidade de Florida.[7]
A USF aparece no top 100 das mellores universidades públicas do ano 2012 segundo U.S. News & World Report.[5] Nese mesmo ano, foi considerada como a oitava universidade con maior progresión por esa mesma revista.[5] A universidade foi nomeada líder na educación en liña pola Guía de Universidades en liña.[5][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "USF System Facts 2012/13" (PDF). usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño de 2013.
- ↑ "Largest Colleges in FL". collegestats.org. CollegeStats. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2013. Consultado o 20 de xuño 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "About USF Overview". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño 2013.
- ↑ "Academics Overview". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 20 de xuño 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Points of Pride". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño de 2013.
- ↑ "USF Facts and Statistics". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2013.