Saltar ao contido

Víctor Català

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVíctor Català

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Caterina Albert i Paradís Editar o valor en Wikidata
11 de setembro de 1869 Editar o valor en Wikidata
L'Escala, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
L'Escala, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaL'Escala Old Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, ilustradora, escultora, pintora Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoModernismo Editar o valor en Wikidata
MovementoModernismo catalán Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJosep Carcassó (pt) Traducir, Narcís Oller e Joan Maragall Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioVíctor Català Ficu
Marc de Rialp
Caterina Alberto Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesLluís Albert i Rivas, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNou diccionari de la literatura catalana Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2075598 BNE: XX1129319 Editar o valor en Wikidata

Caterina Albert i Paradís, nada en L'Escala o 11 de setembro de 1869 e finada na mesma vila o 27 de xaneiro de 1966, foi unha escritora catalá da Renaixença, máis coñecida polo pseudónimo literario de Víctor Català. A súa novela máis coñecida é Solitud (1905), unha das obras basilares do modernismo catalán. Tamén se desempeñou como pintora, escultora e debuxante.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia burguesa. Estudou en Xirona e xa dende moi nova amosou inclinacións artísticas, en especial polo debuxo, a pintura e a poesía, sendo as súas primeiras composicións xuvenís en lingua castelá. En 1890 morreu seu pai e Caterina quedou encargada de administrar o patrimonio familiar. En 1897, escribiu a súa primeira obra importante, obra dramática romántica, El setè, sant matrimoni.

En 1898 concorreu aos Jocs Florals de Olot, onde resultan premiados o seu poema El llibre nou e o seu monólogo La infanticida, que escandaliza pola súa temática e o ton no que estaba escrito, aumentando o escándalo ao saber o xurado que fora unha muller quen o escribira. Por mor disto Catarina dende 1900 utiliza o alcume de Víctor Català. En 1901 sae do prelo o libro de poesías El cant dels mesos e comeza a colaborar na revista Joventut ata o seu peche en 1906. Quatre monòlogs aparece en 1902 e nese ano sae tamén Drames rurals, libro de relatos que se converte nun éxito de vendas e crítica.

Nicho de Caterina Albert.

En 1904 comeza a publicar por entregas en Jovetut a novela modernista Solitud e trasládase a vivir a Barcelona. En 1904 aparece Ombrívoles, conxunto de narracións. En 1905 aparece Solitud, a obra máis recoñecida da autora e unha das mellores da literatura catalá. Caires vius, outro libro de narracións aparece en 1907, e tras el un longo silencio literario ata 1918 no que comeza a publicar na revista Catalana os retallos do que será a novela Un film, que publicará en 1919 e que recibirá duras críticas, a partir de entón diminuirá a súa influencia no mundo literario catalán. Seguirá a publicar algúns libros de relatos como Mare Balena (1920), Contrallums (1930), e xa despois da guerra civil española Vida mólta (1949) aparece logo de publicar un libro en castelán por imposibilidade de publicalo na lingua orixinal. En 1951 aparece Jubileu e as Obres completes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bassas, Assumpta; Masanés, Cristina (2020). Pintar, crear, viure: Dones artistes a l'Alt Empordà (1830-1939) (en catalán). Ajuntament de Figueres. ISBN 978-84-120316-5-2.