Saltar ao contido

Vicente Engonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Engonga
Biografía
Nacemento(es) Vicente Engonga Maté Editar o valor en Wikidata
20 de outubro de 1965 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Barcelona (España) Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaGuinea Ecuatorial Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1984–1986   Gimnàstic de Tarragona
1984–1986 Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega 51(2)
1986–1991 Club de Fútbol Sporting Mahonés 112(3)
1991–1992   Real Valladolid 37(2)
1992–1994   Celta de Vigo 72(0)
1994–1997   Valencia CF 69(2)
1997–2002   RCD Mallorca 149(4)
2002–2003   Real Oviedo 11(1)
2003–2003 cesión Coventry City Football Club 8(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–2000   España 14(1)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   Guinea Ecuatorial
2011–2011 Real Club Deportivo Mallorca B
2014–2015 Kitchee SC Editar o valor en Wikidata
Participou en
2000Eurocopa de 2000 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiVicente Engonga Nguema Editar o valor en Wikidata
IrmánsÓscar Engonga Editar o valor en Wikidata
ParentesIgor Engonga, sobriño Editar o valor en Wikidata

Vicente Engonga Maté, nado en Barcelona o 20 de outubro de 1965, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. É irmán do tamén exfutbolista e adestrador Oscar Engonga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

O seu pai, natural de Guinea Ecuatorial, chegou a España para xogar no Rayo Cantabria e no Gimnástica de Torrelavega, entre outros equipos.

Comezou a xogar como alevín na Gimnástica de Torrelavega pasando despois pola SD Amistad e no Juvenil CD Sniace. Fichou finalmente pola Gimnástica con que debutou en Liga o 20 de maio de 1984.

Ao final da tempada 1984-85 ten que trasladarse a Ferrol para realizar o servizo militar, o que aproveita para xogar na SD O Val no fútbol rexional. Tras licenciarse fichou polo Sporting Mahonés en 1986 ao igual que o seu irmán Julio. Militou no equipo cinco tempadas, nas que conseguiu o ascenso a Segunda División B

Na tempada 1991/92 fichou polo Real Valladolid, en Primeira División. Tras un excelente ano fichou polo Celta de Vigo, onde xogou dous anos ás ordes de Txetxu Rojo. No segundo ano o equipo conseguiu chegar á final da Copa do Rei ante o Real Zaragoza.

Este bo traballo en Vigo levouno a fichar polo Valencia CF. Tres anos despois ficha polo RCD Mallorca, ascendido ese ano a Primeira División. Militaría no equipo cinco tempadas, nas que chegou a disputar unha final da Copa do Rei (1998), unha final da Recopa de Europa (1999), gañar a Supercopa de España (1998) e a disputar a Liga de Campións (2001), anotando o primeiro tanto do equipo mallorquín nesta competición.

Xogando no RCD Mallorca foi convocado coa Selección de fútbol de España, coa que disputou 14 encontros e coa que participou na Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000.

Tras non renovar co Mallorca no 2002 ficha polo Real Oviedo de Segunda División, tras seis meses ficha polo Coventry City da Second Division inglesa, equipo no que se retirou.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Tras retirarse pasou a formar parte do organigrama técnico do Mallorca, sendo o adestrador do filial ata 2006. O 4 de agosto de 2008 foi nomeado adestrador de da Selección de fútbol de Guinea Ecuatorial, sendo substituído por Carlos Diarte.