Vidzeme, (en Lingua livonia: Vidumō) tamén coñecida en alemán polo nome de Livlan, na versión latinizada, Livonia, pese a que esta rexión só correspondería coa metade da histórica Livonia Sueca, é unha das catro rexións históricas e culturais de Letonia que recoñece a Constitución letoa. Mais hoxe en día non exerce funcións administrativas, soamente funcións estatísticas e de recollida pública de datos. É a rexión central e nororiental ao norte do río Daugava. O seu nome en letón significa literalmente "a Terra do medio". Ten unha superficie de 14,973 km², e en 2021, tiña unha poboación de 180 454 habitantes e unha densidade de 12,05/km².[1]
Esta foi unha rexión historicamente dominada pola nobreza xermano-báltica e segue unha fe luterana dende entón. Como parte do Imperio Ruso foi designada como a Gobernatura de Livonia chegando a estar entre as 3 rexións máis industrializadas na posterior etapa soviética.[2] Investigadores europeos confirmaron que na etapa entre o 2000 e 2007 a rexión, usando fondos públicos europeos, conseguiu recuperar a totalidade das terras de cultivo abandonadas tras a independencia da Unión Soviética, situando a Vidzeme como a rexión máis activa economicamente de Letonia.[3]