Visma, A Coruña
Visma | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Visma | |
Concello | A Coruña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′36″N 8°25′56″O / 43.376666666667, -8.4322222222222 |
Poboación | 2.546 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 29[2][1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Visma é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 2546 habitantes (1255 mulleres e 1291 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en 10 habitantes relación ao ano anterior. Moitos núcleos da parroquia (como San Roque de Fóra, Labañou, Os Rosales, O Peruleiro etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña, non sendo contabilizados nas estatísticas oficiais de poboación da parroquia a pesar de pertenceren a ela. A parroquia de Visma pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- No lugar de Nostián está situado o Castro de Nostián.
- No lugar do Monte de San Pedro hai un parque que alberga instalacións dunha antiga batería militar.
- Igrexa de San Pedro de Visma, do século XIX, obra de Faustino Domínguez Domínguez.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Visma, A Coruña.
-
Canón inutilizado no Monte de San Pedro.
-
O ascensor na metade do percorrido.
-
Centro Sociocultural Ágora.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Visma
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña | |
---|---|
O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella |
Parroquias da Coruña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Sumando as entidades que figuran no nomenclátor da Xunta de Galicia e mais as que figuran no do INE. Seavella e O Portiño contabilizan como unha soa entidade, xa que son diferentes denominacións oficiais do mesmo lugar.
- ↑ "PXOM da Coruña" (PDF). SIOTUGA. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 18 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Visma, A Coruña |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |