Vivir aquí
Aparencia
Vivir aquí | |
---|---|
Formato | Informativo |
Duración | 30 minutos |
Presentado por | Antón Galocha |
Día(s) de emisión | luns a venres |
Horario de emisión | 13:00 |
Localización(s) | San Marcos |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 26 de setembro de 1988 |
Última emisión | 18 de xuño de 1990 |
Na rede
| |
https://www.crtvg.es/cultural/especiais/vivir-aqui-52 |
Vivir aquí foi un programa dos servizos informativos da Televisión de Galicia que se emitiu entre 1988 e 1990 dirixido e presentado por Antón Galocha.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O programa era unha revista informativa da actualidade galega, incluíndo noticias culturais, entrevistas en plató, as festas locais, información meteorolóxica, reportaxes de carácter social, receitas gastronómicas e rutas turísticas.
A dirección artística e a escenografía correron a cargo do interiorista Pedro Román Company e Marta Villa Sanjurjo, que a partir de agora seguiron achegando as súas creacións ao audiovisual galego.